A importancia da muller-deusa é tamén patente na obra do ano 1972 en Iowa, onde
realizou unha performance titulada Feathers on a Woman, na que a unha muller
encheulle o corpo enteiro de plumas e o
único que deixou sen cubrir foi o seu sexo, para que se soubera que esta “nova
criatura” era de sexo feminino.
Performance "Feathers of a woman".1972
E si analizamos o resto das Rupestrian
Sculptures chama a atención o feito de que Guabancex (Deusa do Vento), Iyare
(Deusa Nai) e Itiba Cachubaba (A Vella Nai Sangue) sexan as tres deusas que se
representen prostradas. Guabancex (Deusa do Vento) aparece co corpo marcado
polo que poderían ser puntas de estaca.
Guacar (Nuestra Menstruación) Escultura rupestra.Cova das escadas de Jaruco. 1981
Itiba Cahubaba (Ensangrentada nai vella) Escultura rupestre. Cova das escadas de Jaruco. 1981
Guabancex.Escultura rupestre. Cova das escadas de Jaruco. 1981
Esta imaxe de Guabancex recórdanos á instalación que
Mendieta realizou en febreiro de 1976 nun espazo alternativo en Greene Street
the Nova York titulada “Enterro do Náñigo”.
Nesta obra, Mendieta utilizou a silueta do seu corpo deitado cos brazos levantados
chamada a árbore da vida.
A árbore da vida é unha forma dunha deusa
benévola que simboliza a transmutación do divino no humano. Mendieta trazou o
contorno da árbore da vida con corenta e sete veas negras, como as que se usan
nas cerimonias de vudú e maxia negra. Na obra de Mendieta cravar estacas no
corpo dun xacente é unha forma de representar a morte pero, á vez, é un xeito
de dar vida, de axudar a sacar todas as enerxías negativas que quedan nese
corpo, unha forma de espiación, de salvación a través do sufrimento, da
cerimonia, do sacrificio e do rito.
Enterro do Ñáñigo.1976
As obras escultóricas de principios dos anos
oitenta, “Esculturas rupestres” (1981) lembrannos a pezas arqueolóxicas de
civilizacións perdidas, que para Mendieta son unha crítica a pretensión de
hexemonía política, tecnolóxica e cultural dos EEUU en Latinoamérica. Podemos
afirmar que malia a presenza de iconicidad (tallado e pintura suxiren un corpo
feminino), a obra de Mendieta se autentica a través da condición de símbolo,
que é sempre unha categoría que nos apunta a algo xeral, nunca é singular. A
simboloxía presente no corpo feminino tallado por Mendieta non representa un
corpo en particular (non se limita en representar o corpo de cada deidad), pode
representar a todas e a calquera muller, pode revelar unha historia maior. No
recoñecemento do territorio dos signos no traballo de Mendieta podemos afirmar
que hai unha carga simbólica persoal que remite á propia historia da artista, a
súa individualidade, o seu temperamento, ao mesmo tempo que retracta un
traxecto da historia dunha cultura primitiva. Mendieta volve aos seus
antepasados, ao arcaico, ao principio. Retorna ao seu país natal e establece
unha conexión cos seus antepasados.
Deusa do vento. 1981
Semi-circular tree trunk.1984
A arte de Mendieta foi un rito compensatorio
da súa escisión persoal, unha solución imaxinaria a súa ansia imposible de
afirmación mediante o regreso, en términos étnicos, freudianos, sociais e
políticos. A sensación de perda, a adaptación forzosa a un novo medio cultural
e lingüístico, marcárona para sempre. Nunca superou os traumas, ao extremo de
chegar a dicir que só tiña dúas opcións: “ser unha criminal ou unha artista”.
Si examinamos a traxectoria do seu traballo, vemos que a arte foi para Ana un
medio de compensar o seu desgarramiento interior, de sublimar unha obsesión.
Debido as súas experiencias, Mendieta vivía unha identidade moi particular que
se revela na súa arte, unha identidade fragmentada, descentrada, heterogénea,
propia de alguén que non pertence a ningún lugar.
S/T. 1984-85
Ana
Mendieta faleceu o 8 de septiembro de 1985 en Nova Yorke debido a unha caída
desde o seu apartamento no andar 34 de Greenwich Village.
Información sobre a artista:
No hay comentarios:
Publicar un comentario