Co seu profesor Hans Breder, a artista viaxa
a México, onde a influencia de Octavio
Paz está moi presente na sua acción “El Yagul” (1973). Mendieta síntese neste
país como en casa debido a coincidencia no idioma e racial, e comeza a
traballar directamente n aterra, coa paisaxe, e con elementos da natureza onde
deixa pegadas de contornas de corpos de muller que realiza con ramas, flores
secas, pedras barro que pouco a pouco vanse convertendo en símbolos. Esta serie
denominada “Siluetas” rematará no ano 1981 e nela, Mendieta utilizou unha
silueta como representación da presenza do seu corpo ausente a maioría das
veces. Existen nestas obras un desexo de representar esta forza eterna feminina
omnipresente e unha necesidade de regresar ao útero materno, unha “sede de ser”,
como manifestou a mesma autora. Na serie “Arena, mujer” (1983) evoca aos seres
primitivos da santería e aos espíritus da terra en imaxes de muller realizadas
en area sobre o chan, nunha representación onde existe unha tensión constante
entre o vida e a norte, a cultura e a natureza, e onde o corpo e a terra son unha invocación do feminino.
El Yagul (1973)
Serie "Siluetas".
Serie "Siluetas"
Serie "Siluetas" en México.1973-77.
Serie "Siluetas".1978
Ao mesmo tempo o traballo de Ana afiliase ao Earth
Art, pero un trazo distinguíaa da execución habitual desa tendencia.
Polo común, no Earth Art proclámase a
materia natural desprazándoa do seu contexto de orixe para jerarquizarla noutro
xeito ou introducindo cambios sugerentes no propio medio natural, case sempre
en gran escala. É a terra posta en función da vontade do ser humano. En Ana hai
unha actitude máis modesta: é o ser humano quen vai cara a terra, quen se
integra ao medio natural. Non para violentalo, senón en procura dunha fusión
íntima. Mendieta non busca transformar, senón participar.
Serie "Siluetas".1976
No hay comentarios:
Publicar un comentario