A súa acción máis
controvertida sobre a violación Rape
Scene (1973) desenvólvea na súa casa de Iowa, convidando as súas amizades
quen atopan a porta aberta para entrar nunha sala cunha luz dirixida a unha
mesa onde se atopa a artista. Esta, está espida de cintura para abaixo, atada,
manchada de sangue e rodeada de pratos
rotos.A obra é escenificada dúas veces e fotografada.
Segundo Ch. Merewether: "Estamos ante
unha escena que, en canto a representación, produce unha imaxe de profundo
desasosego,unha especie de paroxismo no tempo en que o acto da violacion
permanece en certo tempo inalterablemente presente".
Rape Scene.1973
En People
Looking at Blood (1973) fotografiaba as reaccións da xente que pasaba ao
carón dun regueiro de sange que ela mesma fixera saír da porta dunha casa ata a
rúa, mentres que en Clinton St: Dead on
Street (1973), ela mesma representaba estar morta na rúa.
Na serie Body
Tracks (Rastros corporais) do ano 1974, a obra está conformada por marcas
longas e borrosas feitas polas mans e os antebrazos de Ana Mendieta, cando se
deslizou por un pedazo grande de papel branco durante unha actuación principal
con pulsante música cubana.
Body Tracks. 1974
Body Tracks.1974
No hay comentarios:
Publicar un comentario