BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 2 de noviembre de 2015

HELENA ALMEIDA no MUSEU SERRALVES



 O pasado fin de semana no Museu Serralves fun ver no Museo Serralves de Porto, varias mostras: Helena Almeida "A MIÑA OBRA É O MEU CORPO, O MEU CORPO É A MINHA OBRA", "Como (...) coisas que nâo existem", exposición a partir da 31ª Bienal de Sâo Paulo e unha pequena mostra de libros de artista na biblioteca con pezas de Damien Hirst, Warhol e Dubuffet entre outr@s.

 A exposición de Helena Almeida, que presenta a obra desta creadora que traballa na pintura, vídeo, debuxo e fotografía desde os anos 60 ata a actualidade,  salienta a importancia do corpo, pois ela mesma é a protagonista das súas pezas, dun corpo que rexistra, ocupa e define o espazo.


S/T. 1968. Tinta acrílica sobre tea, teas e tinta dentro de bolsa de PVC

 Desde o inicio da súa  carreira, Almeida investiga e cuestiona as disciplinas tradicionais rachando o plano pictórico e remexendo nos límites físicos das teas nos anos sesenta para posteriormente crear a través do debuxo e a fotografía "espazos habitados". Nos anos sesenta, nunha serie de teas que realiza durante os anos 1968-69, deconstrúe os soportes tradicionais, presentando teas enroladas, coma se fose unha estrutura que cede ante o seu propio peso ou facendo unha pintura-porta.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.

"Nunca fiz as pazes com a tela, o papel ou calquer outro suporte, Creio que o que me fez sair du suporte,através de volumes, fios e de miutas outras formas, foi sempre uma grande insatisfaçao em relaçao aosproblemas do espaço. Quer enfrentado-os, quer negando-os, eles têm sido a verdadeira constante de todos os meus trabalhos. Creio estar perto da verdade se disser que pintoo a pintura a desenho o desenho". (Helena Almeida)

  Nos anos setenta a artista emprega a pintura coma se fosen extensións do seu corpo, nun traballo performativo, ao mesmo tempo que realiza deseños de raigame escultórica con fío de crin de cabalo a pezas sobre papel e cartón.


Debuxo habitado. 1975. Fotografía, tinta chinesa e crin de cabalo

 Será a partir do ano 1978 cando Almeida introduce a fotografía como medio para explorar as lagoas entre a vida emocional interior e a viaxe exterior, para habitar dentro das súas obras, nunha proposta que nalgunhas pezas aparece cun forte dramatismo -"Ouve-me"-, mentres que noutras, sobre todo na década dos oitenta, as imaxes sofren un cambio de formato e escala, ata o ano 2006, nas que na serie "O abrazo", aparecen dúas personaxes que de costas a quen os mira se abrazan nun esforzo de aproximación dos corpos.


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Main traversée par les mots d´un livre. 1980. Papel e fíos de crin


Saída negra. 1989. Papel xaponés e fíos de crin


Saída negra. 1995. Fotografía 


O abraço. 2006 (Detalle de peza de 7 elementos)

  As pezas que aparecen na mostra "Como (...) coisas que nâo existem", inclúe obras que estiveron na última Bienal de Sâo Paulo, en moitos casos feitas especificamente para a Bienal, máis esta mostra non é unha repetición da Bienal senon unha forma renovada que altera as pezas debido ao cambio de ubicación.


Éder Oliveira. S/T. 2015 


Qiu Zhijie. Maps. 2015 


Grupo Contrafilé, Sandi Hilal & Alessandro Petti. Mujawara de Árvore-Escola. 2014-15 


Voluspa Jarpa. Historias de aprendizagem. 2014. Placas de acrílico recostadas 


Walid Raad. Cartas ao lector. 2014 


Edward Krasinski. Obxecto no espazo. 1964-65


Tony Chakar. sobre outros mundos que están neste. 2014


Anna Boghiguian. Cidades á beira do río. 2014. Técnica mixta sobre papel


 Finalmente, na biblioteca do museo, diversas pezas de vari@s artistas, en relación ao LIBRO DE ARTISTA, rematou a miña visita.


martes, 27 de octubre de 2015

OS PIGMENTOS: Cómo consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte IV)

 AS ACROMÍAS

 NEGRO

 Obtense  a partir do carbón vexetal. O negro carbón,  foi usado como pigmento negro desde a prehistoria,  igual que os óxidos de ferro, que producen unha ampla variedade de cores. Dous exemplos son o ocre vermello e o ocre amarelo, que son minerais naturais.


Iride negro. 1926. Georgia O´Keeffe.


Constructivo en blanco y negro "TBA”, obra de 1933, pódese considerar unha síntese das ideas de Joaquín Torres García sobre a arte (Montevideo, Uruguay, 1874 – 1949) pois nesta peza reduce a forma dos obxectos as súas partes esenciais como xeito de pasar do concreto ao absoluto, en relación tamén coa sobriedad das sua gama cromática. 

 O BRANCO

 Minerais

Branco natural, está formado por carbonato de calcio, ou o que é o mesmo, tiza, ou creta, o pigmento branco máis antigo da terra. O nome procede da illa de Creta, xa que esta illa consta, no seu maior parte, de rocas calizas. 
 Na natureza, ademais da tiza, tamén se orixinaron outros pigmentos minerales de cor branca:
Caolín: tamén coñecido como terra de porcelana chinesa.
Branco de España: que é unha especie de ieso. Estes brancos véñense usando desde que o home empezou a pintar por primeira vez.
 Os pigmentos minerales de orixe natural teñen o incoveniente de volverse máis transparentes canto máis algutinante necesítese para obter unha pintura coa que se poida traballar ben. Canto menor é o poder cubriente, menos branca é a cor. En pintura ao óleo, perden ata case todo o seu poder cubriente e o branco vólvese gris.

Sintéticos

O primeiro pigmento branco sintético foi o branco de plomo, descubriuse no 4.000 a.C. polo  que é o pigmento máis antigo que se obtivo de forma artificial. Poñendo o metal en contacto co vapor dun líquido acedo como o vinagre, producíase unha reacción química que transformaba o plomo nun carbonato de plomo básico, que cubría o plomo cunha capa branca. Ao rascar dita capa, obtíñase un po branco, que era moi cubriente ata en óleo, obténdose unha pintura excelente. O único problema e que é altamente tóxico, o  que provovou o envenenamento de moitas mulleres, que o empregaban como producto de beleza,  ata o século XIX.


La maja vestida. Goya. 1798-1805


Condesa de Chinchón. (detalle) Goya. 1800 

 Ata mediados do século XIX, momento en que se descubriu o branco de cinc, o branco de plomo foi o pigmento branco máis importante que era demasiado caro para competir co branco de plomo. O branco de cinc, parece non ser pernicioso para a saúde humana, máis as características de ambos difieren en gran medida. O branco de cinc é transparente e o seu tonalidade é fría (moi axeitado para as transparencias ou  veladuras), mentres que o branco de plomo é cubriente e o seu tonalidad é cálida. Non foi ata o século XX, cando se descubriu o branco de titanio, unha cor inocuo con gran poder cubriente e tonalidade cálida. 


White flower on redearth.Georgia O´Keeffe. 1943

 O branco titanio é un dos mellores pigmentos  brancos, posúe o maior poder cubrinte e colorante,  en comparación ten o dobre da opacidade do branco de plomo; tamén a su estabilidade química é excepcional. Se obtiña este material dos minerales rutilo (dióxido de titanio) y anatasa, máis non foi presentado como pigmento  ata que se superaron as súas dificultades técnicas. No ano 1921  as empresas estadounidenses e noruegas comezaron a súa producción para pintura.Na actualidade emprégase na pintura ao óleo o branco de titanio e algo de branco de zinc. Do branco de titanio existen moitas variedades en canto a pureza, sendo este opaco e cálido, e o de zinc  transparente e frío, cun tempo de secado moito máis longo que o de titanio. 




 Emprego do branco en Van Gogh: na obra "Os comedores de patacas" (1885) o branco, así como os ocres, as terras e o negro, persigue os efectos de luz máis que a riqueza cromática, nunha paleta na que os ocres e terras son as dominantes e o branco serve pra resaltar as zonas de luz.


 En “O tío Tanguy” (1887), o branco serve xunto co ocre, verde e terras para superpoñerse e entrecruzarse para formar a carne, as rugosidades e a tensión das mans.


O GRIS

 É a denominación común das cores acromáticas cuia luminosidade está comprendida entre a máxima (branco) e a nula (correspondente ao negro), aínda que se aplica especialmente aos de luminosidade media.
 No traballo con pigmentos ou tintes é sinxelo crear gris acromático mediante a adición de branco e negro, ou mediante a dilución parcial da cor negra sobre un soporte branco.


O Guernica. Picasso. 1937


Bodegón de Juan Gris, con predominio da escala de grises.

domingo, 18 de octubre de 2015

Visita á MOSTRA "TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN", na sede de Afundación en Vigo.


 A pasada semana todos os cursos do alumnado de Pintura fumos visitar a exposición en Vigo, "Tradición, cambio e innovación", con fondos da Colección de arte ABANCA, que fai un percorrido pola obra de grandes artistas do século XX, tanto nacionais como internacionais.


 A colección reúne unha amplia selección de  artistas que, definiron tanto a nivel internacional como en Galicia a arte do pasado século e boa parte do século XXI, e que agora amósase en Vigo nesta mostra. Nela inclúense case un centenar de pezas entre as que destacan artistas que formaron parte das vangardas históricas e figuras importante da arte galega como: Dalí, Joan Miró, Maruja Mallo, Esteban Vicente, Millares, Saura, Castelao, Vari Caramés, Patiño ou Menchu Lamas entre outros, así como pezas recentes de Antonio Murado, Francisco Leiro, Pamen Pereira ou Helena Almeida, artista portuguesa que está a expoñer a súa obra na actualidade no Museu Serralves de Porto.

 Nas fotografías varios momentos da nosa visita, e de parte das pezas que inclúense na mostra, feitas por Tito S. Remy Orta e Cristina González Valiño, moitas grazas polo voso traballo que documenta moi ben a visita.







Dario Villalba


Salvador Dalí


Eugenio F. Granell


Castelao


Leopoldo Nóvoa


Manolo Millares


Antoni Tapiès


Pamen Pereira


Urbano Lugrís


Miquel Barceló


Antón Patiño


Menchu Lamas


Antonio Saura


Helena Almeida


Antonio Murado