BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 11 de junio de 2014

"O TEATRO EN GRANELL", na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

O martes 10 de xuño na ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, tivemos unha representación teatral magnífica do alumnado de Repertorio da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, entre os que atópase a miña alumna de primeiro ano Mª Carmen Rosendo.
  Houbo tanta xente que a escola quedouse pequena. Grazas a tod@s, ao alumnado,  a María e Isabel, á bibliotecaria, María Xesús que estivo colaborando desde o primer momento coas actores e actrices, ao profesorado que asistiu e que quere que a nosa escola sexa a mellor. FOI UNHA FESTA!

 E o meu agradecemento especial ao alumnado da Escola Municipal de Teatro, quen coa obra "O Teatro en Granell", representou dúas pezas. A primeira baseada no cadro "Os lamentos das mulleres soas", foi representado no patio; a segunda obra baseabase nos cadros "A formación da metádora" e "A batalla académica das palabras negras" e tivo lugar nunha hemeroteca.
 PARABÉNS a tod@s!

 As fotos amosan o que aconteceu.

 
O alumnado de Pintura colaborando cos papeis

 
Alberto e Rambozzi, na montaxe

 
O director da segunda peza, na mañana, montando

 
Mª Carmen, a miña alumna

 
Parte do elenco da primeira peza

 
Parte do alumnado de Pintura na rúa: Cata, Santiago, Jose, Eugenio, Lorena e Uxía

 
A montaxe desde a aula de Pintura

 
O actor Carlos Pérez no seu papel de Granell

 
O numeroso público na entrada

 
Representación da primeira peza no patio

 
Representación da segunda peza na hemeroteca, nunha vista desde arriba

 
Representación da segunda peza na hemeroteca

 
O elenco ao final, recibindo os aplausos do público


 
 
 
 
 

 
 
 
 

domingo, 8 de junio de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte IV)

 
The Barn. 1994
 
 A súa obra ten unha manifesta vontade subversiva e liberadora, cunha evidente dimensión de loita contra a autoridade. Nela a artista fala da dominación, a opresión e a violencia co que cuestiona os estereotipos impostos socialmente, e así mesmo está enraizada en experiencias e recordos persoais, en sinistras fantasías, na historia da arte e na literatura, na que persoaxes como Pinocho ou Brancaneves acadan unha nova e tráxica dimensión.
OBRAS RELACIONADAS CON CONTOS
 
Dancing cople from Walt Disney's Fantasía.1995

 
Snow White and her stepmother.1995. Pastel sobre papel

 
Snow White Playing with her Father's Trophies.1995.Pastel sobre papel

 
Swallows the poisoned a Snow White.1995. Pastel sobre papel.
 
 
Island of the ligths from a Pinocho.1996. Indian ink and watercolour.
 
 
The blue fairy whispers to Pinocchio.1996. Pastel sobre papel
 
 OBRAS SOBRE FANTASÍA DE WALT DISNEY.DANCING OSTRICH.
 Pastel sobre papel. 1995









A artista, recrea tamén obras literarias, en pezas como “Os pecados do pai Amaro” de Eça de Queiros, ou “O home almofada” de Martin McDonagh, pero sobre todo fala das súas experiencias e vivencias recreando un mundo no que os máis débiles, nenos e mulleres, sofren as agresións dos fortes, adultos e homes fundamentalmente.
 
“Descanso e Fuga para o Egipto” (Série “O Crime do Padre Amaro”). 1998

Poleiro (Da serie "O crime do Padre Amaro").1997
 
 
Entre as mulleres.(Da serie "O crime do Padre Amaro").1997
 
 
A nai. 1997. Pastel sobre papel.
 
 Algúns sectores feministas hana aclamado polo seu modo de expresar a experiencia feminina, pois tivo unha infancia marcada polo catolicismo, coa idea do pecado como eixe central e unha posición especial en canto a pícara ou muller que vive nunha sociedade machista e retrógrada. “Sempre dun xeito ou doutro falo sobre a dominación, sobre a opresión e a violencia”, dixo a pintora. O seu perpetuo sondo das ramificaciones psicolóxicas dos ritos de paso aos que todos estamos sometidos, desde o nacemento ata a morte, convértea nunha das poucas pintoras modernas cuxo arte vira en torno á vida mesma.

 
Embaixador de Xesus. 1997

 
Rapariga con gladiolos. 1997

 
O anxo. 1998. Pastel sobre papel.

 
A lección. 1997.
 
 
 “As Lições de Betrothal” (Série Hogarth). 1999
 
Nestas relacións de poder que aparecen nas obras de Rego, moitas veces as propias mulleres e ata algúns nenos adoptan o rol de opresores en lugar do clásico de sometidos ao que estamos afeitos, o que nos revela o complexo mundo emocional que é a fonte da que bebe e coa cal exprésase Paula Rego.
 
 
Amor. 1995. Pastel sobre papel.


 
 




 
 

 
 

 

 
 
 
 

 

 
 
 

 

 
 


domingo, 1 de junio de 2014

CHELO MATESANZ no CGAC e a mostra AUGA DOCE no GAIAS


 O xoves 29 de maio un nutrido grupo da aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, realizou unha visita a dous centros de arte de Santiago de Compostela.

 
Peza de Chelo Matesanz
 
 No CGAC, puidemos contemplar a obra da artista Chelo Matesanz titulada “As miñas cousas en observación”, a mostra fotográfica de Paco Rocha “Naturaly Human” e a exposición “27 Negros”, obra coral composta por 27 monocromos negros de 20 x 20cm realizados por 27 autores entre os que se atopaban pezas de Teo Soriano, Din Matamoros, Carlos Maciá, Nuria Fuster e Miran Díez entre outros, nunha antoloxía que é un exercicio de estilo colectivo.
 A exposición de Chelo Matesanz realiza un percorrido por catro escenarios metafóricos en pezas presentadas desde o humor, a repulsión, a dor e a distancia contemplativa, na que a artista aborda resultados que abranguen desde a instalación, a pintura o costura e o collage que falan sempre da arte, desde a súa mirada observadora. Matesanz, con case trinta anos de traxectoria artística intérnase en terreos críticos respecto a súa condición, desde unha perspectiva feminista que reflexiona sobre os criterios polos que se rexen a personalidade e a proxección da muller no sistema artístico, e que bota por terra os mitos do artista xenial e da obra mestra.
 
Peliqueiros. 2006. Pespunto sobre loneta
 
 
Zamarrón. 2007. Pespunto sobre tea

 
S/T. El resiste. 2012. Tea e madeira
 
 
Feridas. 1994. Pespunto sobre tea tramada e algodón

 
Lo que Lee Krasner podría haber hecho pero no hizo.2001. Feltro cosido sobre loneta.

 
Chocolate, molinillo. 2001. Vídeo,  son
 

 No Gaias, visitamos a mostra AUGA DOCE, exposición multidisciplinar que nos invita a contemplar a través da mirada prestada dos artistas. Nela, puidemos ver ao longo de dúas horas e media obras de artistas galegos como Vari Caramés, Din Matamoro, Rubén Ramos (cunha magnífica instalación), Xulio Gil e Xosé Freixanes así como de artistas nacionais e extranxeiros entres os que se atopaban grandes nombres da creación contemporánea como David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino o Chema Madoz e de mestres clásicos da importancia de Piranesi, John Constable, e Kokoschka.
 
Rubén Ramos Balsa. 2013-2014. Estrutura de silla con hipercubo e río con triángulo.

 
O alumnado ante a obra de Xosé Freixanes

 
Ante unha obra de Luis Seoane

 
Foto do alumnado que participó na visita
 
 
 

 

ACUARELA DO NATURAL


  Acuarela, etimoloxicamente, deriva do latín "aqua" e o dicionario defínenolo como "pintura realizada con cores diluídas en auga e que, emprega como branco, a cor do papel" ou "cores cos que se realiza a pintura, pois a auga é o medio polo cal transmítese ao papel a calidade e calidade da cor dos distintos pigmentos diluídos neste medio, aglutinados xeralmente con goma arábiga. As cores xa preparadas disólvense, en auga e aplícanse ao papel por medio dun pince lou con esponxa. Os baños cos que bañamos o papel usando o pincel ou outro medio, chámaselle aguadas.

 A característica principal dos traballos en acuarela é a transparencia que producen estes pigmentos diluídos, o que fai tamén que a técnica sexa difícil, como difícil resulta a tarefa de corrixir ou disimular algún erro que, no periodo de ejecución prodúzase, aínda que sempre existe algunhas posibilidades ou recursos que brinda o coñecemento e comportamento da acuarela.

 O grupo de tarde de Iniciación de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, estivo facendo estudos do natural dos árbores na Praza da Estrela en Vigo, para traballar nesta técnica de Acuarela.