BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 8 de septiembre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte V)

  
 

 
Pequena rúa. 1657-61
 
 Esta obra é unha das escasas obras de paisaxes de Vermeer, artista que sobresae polas súas pinturas de interiores, en obras onde emprega cores terra e ocres, con luces cálidas e tamén cores brillantes como o lapislázuli e o ultramar natural, que  saliéntase polo empregos dos brancos en pinceladas leves e no que o preciosismo nos detalles está moi presente.

 Nestes espazos onde as mulleres aparecen ensimismadas na meirande parte das veces e outras mirando cara o espectador, a iluminación ven da parte esquerda do cadro desde unha ventá. O lugar onde atópanse estes persoaxes, son fondos neutros e narrativos como se se tratase dun escenario e onde a profundidade acádase debido ao artificio da posición dos obxectos, a partir de trazas xeométricas, conformando un universo poético, onde o espectador actúa como unha  sorte de voyeur.
 
 Nas obras que aparecen a continuación na seguinte presentación, están presentes todas estas características.
 

O PINTOR DOS INTERIORES: VERMEER on PhotoPeach

TRABALLOS NA AULA. ÓLEO

Traballos en óleo e técnica mixta realizados polo alumnado de Perfeccionamento II na aula de Pintura da  Escola de Artes e Oficios de Vigo  durante o curso 2012-2013.

TRABALLOS NA AULA. ÓLEO on PhotoPeach

viernes, 26 de julio de 2013

domingo, 21 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. VII

Tras moitos bocetos ...
 
 
Boceto a lápis de mans
 
Boceto en papel contínuo en acrílico
 
 
Outro boceto en acrílico
 
 
Face de apóstolo
 
...e un traballo longo de varios meses, pois escomenzouse o  traballo no mes de xaneiro e rematouse no  mes de maio de 2013...
 
 
Alumnado rematando a obra
 
...este é o resultado final.
 
 
 
 
 

jueves, 18 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición.VI

 
Traballando nos fondos
 
 
Rematando os cantos
 
  O proceso foi fotografiado día a día e grabado en vídeo cos distintos grupos, xa que todo o alumnado participou na elaboración da peza, desde o primeiro debuxo feito a partir dun proxector de opacos, quedando os remates finais nas mans dun pequeno grupo do alumnado para acadar unha certa unidade de estilo.

 
Facendo os detalles finais
 
 
Facendo as caras
 

 Deste xeito a peza non é  “unha mera copia” senon  un novo orixinal recontextualizado, elaborado noutro momento e contexto, e asimesmo resignificado, porque no proceso de elaboración da peza tentouse que as experiencias persoais do alumnado quedaran patentes na súa elaboración, polo que a apropiación deu como resultado unha obra nova.


miércoles, 17 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. V

 
Grupo de Perfeccionamento II, traballando nos fondos

 
Grupo de Perfeccionamento I coa parte inferior do políptico
 

Na elaboración da peza démoslle unha importancia fundamental ao proceso creativo, e tras mercar os lenzos e o material, comenzou un proceso de reflexión sobre como faríase o prepintado. Decidiuse traballar nun formato grande que achegárase en certa medida ao elexido por Leonardo, pero cambiando non só a técnica: acrílico, óleo e técnica mixta, senón tamen a estética, pois a elexida foi o Expresionismo, un expresionismo afastado da estética renacentista do artista italiano, que achégase máis á tradición nórdica, que en Galicia ten unha forte presenza ao longo da historia da nosa plástica.
                                     Detalle das mans dun grupo de apóstolos


 O formato foi tamén fragmentado en lenzos de 50 x50 cm, o  que posibilitou unha mellor distribución do traballo e resultaba máis operativo para o traballo en grupo. Fixéronse moitos debuxos preparatorios por parte do alumnado, por grupos (pois na elaboración da peza participou o alumnado de Perfeccionamento I e II) e logo dun xeito individual, a partir de fotografías da obra, polo que fixéronse estudios de mans, pés e de cada persoaxe da obra de Leonardo.

Facendo unha copia do natural
 
 
Detalle da man de San Pedro co coitelo


 


martes, 16 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. IV

Boceto preparatorio en papel contínuo en acrílico
 

O Apropiacionismo  converteuse no recurso preferido dunha serie de artistas  da década dos oitenta como  Sherrie Levine, Louise Lawler, Allan McCollum ou Fred Wilson entre outros. Estes artistas “copiaron” obras doutros autores, pero sen plaxiar a obra, pois imprimíronlle un selo persoal, as veces difícil de captar a primeira vista. Nese aspecto, este concepto invita á intertextualidade cultural, é dicir, ao intercambio de espacios, tempos e conceptos, propiciando a investigación das prácticas estéticas cotiás.  

 
                       Alumnado realizando bocetos, co prepintado da obra ao fondo

 
Diversos bocetos sobre papel contínuo
 
 A obra escollida, tras varios debates, foi a Última cea de Leonardo da Vinci, pola súa forza icónica, e por ser unha obra emblemática na historia da arte, que xa fora revisitada en diversos soportes: fotografía e pintura.

 
Duas alumnas ante un boceto xeral