Pequena rúa. 1657-61
Esta obra é unha das
escasas obras de paisaxes de Vermeer, artista que sobresae polas súas pinturas
de interiores, en obras onde emprega cores terra e ocres, con luces cálidas e tamén
cores brillantes como o lapislázuli e o ultramar natural, que saliéntase polo empregos dos brancos en pinceladas
leves e no que o preciosismo nos detalles está moi presente.
Nestes espazos onde as mulleres aparecen
ensimismadas na meirande parte das veces e outras mirando cara o espectador, a
iluminación ven da parte esquerda do cadro desde unha ventá. O lugar onde
atópanse estes persoaxes, son fondos neutros e narrativos como se se tratase
dun escenario e onde a profundidade acádase debido ao artificio da posición dos
obxectos, a partir de trazas xeométricas, conformando un universo poético, onde
o espectador actúa como unha sorte de voyeur.
Nas obras que aparecen a continuación na seguinte presentación, están presentes todas estas características.
O PINTOR DOS INTERIORES: VERMEER on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario