BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 6 de abril de 2020

MULLERES ARTISTAS: LUISA ROLDÁN," A ROLDANA" (SÉCULO XVII)


 
A éxtase de Santa Tareixa. Luisa Roldán, barro cocido e policromado. 1693-1705
 
 Aínda que non se coñecera os seus nomes,o que parece máis probable é que dentro dos obradoiros artesanais da antigüidade romana existirán mulleres traballando nos talleres escultóricos –con moldes ou labrando detalles-; e que será durante a Idade Media cando resulta casi con toda seguridade que existirán escultores –do mesmo xeito que existiron pintoras, como a do Beato de  Girona  do século X, Ende, quen xunto co  doutro iluminador, figura no colofón do manuscrito, en latín: ende pintrix et d(e)i aiutrix fr(a)ter emeterius et pr(e)s(bite)r (Ende, pintora y ayudante de Dios; Emeterio, hermano y sacerdote)- que servía como traballo e para entreterse dentro da vida monacal.
 
 
Beato de Girona, con ilustracions de ENDE
 
 Na Idade Media pois, existiron mulleres artistas, e atopamos xa no século XIII a obra dunha escultora Sabina von Steinbach –probable autora da portada meriodional da Catedral de Estrasburgo- e da súa coetánea Grunilda (con obra na catedral de Norwich) ao mesmo tempo que o da Mestra María, xa no século XVI, quen dirixiu o o bradoiro de vidrieiras da catedral de Cuenca, mulleres artistas, que a historiografía acabará admitindo como creadoras.
 
 
Catedral de Estrasburgo, fachada meridional, de Sabina von Steinbach
 

 Quen si está a ser recoñecida na actualidade é LA ROLDANA -Sevilla 1625-Madrid 1706- nacida Luisa Roldana e filla de Pedro  Roldán,  quen é a cabeza e o xefe dun importante taller familiar do século XVII, onde actúan figuras destacadas na arte española, como a súa filla María Luisa  Roldán e o seu neto Pedro Duque e  Cornejo, un dos máis excelsos escultores da escola, xa dentro do século  XVIII. Os retablos, imaxes e sillerías de coro que en bo número e notable calidade produce este grupo, destacan polo seu intenso  barroquismo, virtuosismo e poesía de certas representacións.

 
San Ginés de la Jara, de Luisa Roldán, 1692, madeira policromada e ollos de vidro.
 
 Luisa  Roldán cos seus sete irmáns traballaban no taller paterno, é dicir, tivo unha formación gremial –unha formación artística case exclusivapara as fillas dos artistas-, que non só encargábase de tarefas menores, senón que realizaba deseños e trallábos.Tiña unha actividade tan extraordinaria no taller paterno, que parece ser (según Ceán Bermúdez, estudioso da arte), que “axustaba as obras”, o que quere dicir que controlaba aactividade de taller e contrataba os proxectos e ocupábase da súa execución e do presuposto, é dicir, que era unha  empresaria, algo que define moi ben a súa importancia como artista e a súa percepción como tal (é moi semellante nisto ao caso de Artemisia Gentilleschi, quen era tamén a “cabeza de familia”) ” Gañouse o recoñecemento ao seu traballo por mérito propio, o que propicio o seu ascenso na escala social.
 
 
Ecce homo, madeira policromada, Catedral de Cádiz, 1684
 
 O máis habitual era que as fillas casasen cos axudantes do taller e continuasen traballando todos no mesmo, así o fixeron as súas irmás. Luisa quería casar cun axudante do taller do seu pai tamén, Luís Antonio Navarro dos Arcos, pero curiosamente atopouse coa oposición paterna ao matrimonio. Enfrontouse ao seu pai nos tribunais, gañou o caso e casou con Navarro, o matrimonio traballou xunto, sendo o seu marido axudante do mesmo xeito que o seu cuñado. Quizais o que a escultora buscaba con este matrimonio era poder independizarse do seu pai, e crear o eu propio taller.
 
San Xosé co neno. Luisa Roldán. Catedral de Sevilla, 1677
 
 Os primeiros anos de vida independente Luisa non conseguiu grandes encargos. Foi entón cando decidiu desenvolver unha técnica persoal traballando o barro. Este material era considerado entre o mundo artístico escultórico de baixa categoría. E aquí si temos que incidir na importancia dos “Roles de xénero”, pois esta obra en pequeno tamaño, estaría relacionado con certas “habilidades que parecían ser típicas do xénero feminino”: a delicadeza, o minucioso.
 
 
Luisa Roldán. Desposorios de Santa Catalina. Terracota. Hispanic Society of America
 
 
AVirxe, no Neno Xesús e o Bautista, de Luisa Roldán.
 
 Pero Luisa conseguiu moldear figuras de alta calidade con este material, ao mesmo tempo que acadou encargos de pezas grandes como o seu “San Miguel de El Escorial” ou “San Ginés de la Jara” -na actualidade no J. Paul Getty Museum de Nova York-, e co seu taller xa en marcha comezou a recibir encargos sobre todo de confrarías e igrexas, tanto en Sevilla como en Cádiz onde foi contratada polo cabido da catedral para realizar importantes esculturas en madeira. Converténdose en competidora directa do seu pai. Ela era o motor económico da familia, o seu marido era o seu axudante, tiña dous fillos, pero cinco máis morreran. En 1689 trasládase a Madrid, unha forma de gañar en prestixio e cubrir as súas ambicións artísticas, porque dalgún xeito estaba moi vinculada ao gusto da época, nos que traballaba as pezas como mediadora entre o sacro e o humano, cheas de verismo, e ao  servicio dunha  mensaxe relixiosa, con temáticas semellante a calquera escultor masculino da súa época.
 
 
San Miguel, El Escorial, madeira policromada de Luisa Roldán. 1692
 

Luisa Roldán. San Germán e San Servando, ambos na Catedral de Cádiz

 
Aínda que como dixemos, Luisa traballou o barro, un material moi pouco apreciado, ela soubo traballalo e darlle un aspecto refinado, toda unha innovación técnica para a época. Os seus pequenos grupos de  terracota sempre de temática relixiosa,  rebosantes de dozura, foron moi ben acollidos pola nobreza madrileña, nunha España que sobordaba catolicismo. Eran moi apreciados para decorar os oratorios da nobreza. Nunca deixou de traballar coa madeira. As súas obras en  terracota, consideradas de gran delicadeza e orixinalidade, son obxecto de desexo para museos como o  Metropolitan, a  Hispanic  Society  of  America de Nova York ou o Vitoria  and Albert de Londres. Así o rexurdimento do coñecemento da súa obra vén tamén de fóra das nosas fronteiras.
 
Virxe peregrina, Igrexa de Sahagún, Luisa Roldán
 
Foi nomeada escultora de cámara do rei Carlos II en 1692, o último Austria e máis tarde sería de Felipe V que foi o primeiro Borbón, o que lle volveu a conceder o cargo en 1700, era todo un privilexio, porén, o seu cargo na corte era máis ben honorífico e poucas retribucións económicas recibiu del. Luisa  Roldán era unha muller independente e cunha forte personalidade, montou o seu taller, asinou as súas obras, escribiu decididas cartas aos monarcas demandando o cargo para ela e conseguiuno. Gozou de prestixio e fama. Tanto é así que Antonio  Palomino, pintor, escritor e sacerdote, recoñeceu o seu talento e incluíuna no seu tratado O  parnaso español pintoresco laureado (1724). Dela dixo: “A súa modestia era grande; a súa pericia, superior, e a súa virtude, extraordinaria”.
 As súas obras en madeira son  bellísimas e nelas reflíctese un dramatismo extraordinario. Entre elas podemos citar o San Miguel vencendo ao demo do Mosteiro del Escorial ou Pai Jesús  Nazareno do convento das Franciscanas de  Sisante en Cuenca, as dúas a tamaño natural. É curioso, excedeu ao seu pai en calidade de traballo e encargos, o seu pai nunca saíu de Sevilla, ela foi moito máis recoñecida na súa época. O seu pai ocupou un lugar na Historia da arte, ela non, esqueceulla rapidamente e morreu na máis absoluta pobreza, ata que novos estudos volveron sacar á luz e déronlle o xusto recoñecemento que por parte da  historiografía merécese.
 
 
San Xaquín,Santa Ana e a Virxe nena. Luisa Roldán, terracota policromada. ca 1700
 
 
Para consultar na rede ou en revistas:
 "Descubrir el arte", nº 229.AñoXX, Marzo, 2018
 
 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario