0
PROXECTO, baséase nos retablos barrocos, mais con imaxes retomadas ou
inspiradas nos bestiarios e capiteis románicos, con animais fantásticos ou
reais, que aparecen tanto nos libros miniados como nos capiteis, en particular
os da catedral de Ourense, de quen un alumno fixo unhas excelentes fotos e
debuxos.
As pìnturas van nas predelas e nos pasillos do
retablo, dentro das caixas e nas portas, algunhas abertas e ouras pechadas.
Marta e Augusto, pintando o monstruo azul.
A cor remite as cores dos relevos e capiteis
que se conservan na catedral de Ourense e nos textos miniados (moi en relación
cos capiteis que se conservan coa cor, cores empregados na idade media) con
algunhas modificacións, con cores: terras, ocres, azuis e verdes.
Marga e os dous cabalos enfrontados
Cris e Claudio, pintando ao home que mata a un animal
Antonio coa Harpía.
Cando observamos o retablo barroco de Santa
María de Castrelos, observamos que as imaxes eran de distinta cronoloxía e tamaños,
polo que o alumnado realizou as imaxes en plano, coa técnica de acrílico sobre
lenzo en distintos tamaños, captando a través
da bidimensionalidade da tea, o espíritu
acronolóxido de Castrelos a través da colocación de distintos panos de lenzo en diferentes
tamaño que ocupan espazos diferentes no retablo, xogando cos espazos co valeiro
e o cheo.
Rosa e Xulia tamén coa harpía.
Eugenio e Carmen escomezando coa serea
Todo o alumnado realizou de xeito moi disciplinado as distintas partes do proceso pictórico, mentres parte deles e elas facían os debuxos, outra parte do alumnado foi traballando a cor, que previamente elexíramos para cada figura.
Susi pintando nun deseño orixinal de Pepe
Alexía, preparando a cor
Ánxeles e unha das sereas
O tamaño dos lenzos varia según o lugar que ocupan no retablo, porén as dimensións son en xeral de 90 x 80 cm e foron pintadas nas paredes da aula, o que significou moito esforzo, pois o alumnado non estaba aínda afeito a estas dimensións.
Moncho co monstruo alado
Pepe tamén co monstruo alado, que el mesmo debuxou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario