Retrato de Hilma
Hilma
únese no ano 1920 á Sociedade Antroposófica e viaxa a a Dornach, Suíza, onde
reencóntrase de novo con Rudolf Steiner. Tras esa primeira viaxe a Dornach
interromperá durante máis dun ano a súa produción pictórica e abandonará
definitivamente a abstracción xeométrica. Estuda literatura antroposófica e
prodúcese nela un cambio de rumbo. Tras o paréntese, dedícase sobre todo
representar as dimensións espirituais da natureza a partir de acuarelas.
Durante o período comprendido entre os anos
1925 e 1930 non existen notas nin cadros, aínda que deixou no seu legado máis
de un millar de obras e de 125 cadernos. A súa morte, o 21 de outubro de 1944,
tras un accidente, expresa no seu testamento, (sabendo que a súa obra non se
entendería e cansa de que as institucións non le prestaran atención as súas
obras) o seu desexo ao seu sobriño Erik af klint, de que aquila non se mostre
ao público ao menos vinte anos despois da súa morte. Por este motivo a obra de
Hilma permaneceu moitos anos no anonimato e segue hoxe en día rodeada polo
misterio, debido as prácticas de médium coas que creou parte da súa obra.
Svanen. 1914
The Swan, nº 1.1915
O que resulta máis impactante na obra desta
artista é a presenza da “Dúbida”, como elemento presente en toda a súa
traxectoria. Hilma escribiu e debuxou nos seus cadernos de notas máis de 25.000
páxinas, enchidas todas cun mesmo obxectivo: a dúbida, o que a convirte non só
nunha investigadora, senón nunha artista excepcional. A súa preocupación foi
indagar na imaxe, na percepción extrasensorial, que vai máis aló das
apariencias visuais ata acadar o coñecemento dunha realidade non material, na
busca desa espiritualidade que interpretaba a través das experiencias como
médium e nas que a Teosofía estaba moi presente.
É tamén moi interesante o feito de que Hilma
traballara sempre con mulleres, o grupo de “As Cinco”, exemplifica moi ben ese
aspecto da súa andaina, quizais porque esa ruta mística somentes podía
percorrerse da man daquelas que como ela, estaban limitadas nun tempo en que a
importancia da ciencia e do empirismo na arte, relegaba as experiencias dun
lado “escuro da vida”. De feito a artista, non pertence a esa xeneoloxía
masculina da historia da arte, pois o seu proceso creativo e a súa profundidade
estética, marcada por ser muller, está afastado dos canles masculinos e
procesuales do seu tempo.
The Dove, nº 12.1915
Svanen, nº 9. 1915
Grupo IX, SUW, nº 17. 1915
Grupo I, nº 61. 1916
A artista traballa en solitario, debuxa e
pinta con constancia. Os debuxos de naturalismo botánico ábrenlle as portas do
microcosmos. A súa proposta debería verse como unha obra traballada en series
complexas e laboriosas. Hilma crea novos alfabetos visuais, explora as
iconografías herméticas, transcribe
experiencias extrasensoriales, e nos impresiona con obras de grandes dimensións
onde a cor, a liña, as palabras ou os símbolos comparten co espectador as súas
indagacións sobre o mundo, o cosmos, os átomos, a materia ou a enerxía. Estas indagacións convirten a Hilme nunha
“Creadora para o Fututo”, de feito, o xeito de pintar xunto con outras mulleres
define un proceso creativo sempre cambiante e nada académico, atento a unha
visión “non material” da vida.
Serie II, nº 96.1920
Serie VII, nº 7. 1920
Co
seu traballo Hilma, redefine parámetros de pensamento para explicar a historia
da arte innovando, “facendo camiños”, lonxe da historia da arte masculina, impactando a quen mira a súa obra coas súas
propostas que empregan a linguaxe abstracta e simbólica como método de indagar
sobre o mundo do seu tempo na busca dunha realidade liberada e mística.
Iris
Muller, comisaria da exposición no Museo Hamburger Bahnhof de Berlín comenta: “Son cuadros que podrían pertenecer a la
época del pop art de los años 60’s. O incluso de los 80’s. No parecen pinturas
con más de un siglo.”Para
Udo Kittelman director do Museo:“Son obras increíblemente optimistas. Están
llenas de luz y esperanza. Y rara vez se encuentra esto en el arte,
y menos en el arte alemán, que a menudo es muy oscuro y pesado. Son obras de
esperanza, también para el siglo XXI.”
Para investigar na rede:
http://www.mpicassom.org/prensa/PDFs/Biografia_abreviada_Hilma_af_Klint.pdf
http://museopicassomalaga.org/exposicion.cfm?id=102
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/21/andalucia_malaga/1382379662.HTML
http://artestudiantesblog.blogspot.com.es/2013/10/hilma-af-klint-20-anos-en-una-caja.HTML
http://www.finanzas.com/xl-semanal/conocer/20131229/mujer-anticipo-kandinsky-6740.HTML
http://artestudiantesblog.blogspot.com.es/2013/10/hilma-af-klint-20-anos-en-una-caja.HTML
http://www.mpicassom.org/prensa/PDFs/Biografia_abreviada_Hilma_af_Klint.pdf
http://museopicassomalaga.org/exposicion.cfm?id=102
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/21/andalucia_malaga/1382379662.HTML
http://artestudiantesblog.blogspot.com.es/2013/10/hilma-af-klint-20-anos-en-una-caja.HTML
http://www.finanzas.com/xl-semanal/conocer/20131229/mujer-anticipo-kandinsky-6740.HTML
http://artestudiantesblog.blogspot.com.es/2013/10/hilma-af-klint-20-anos-en-una-caja.HTML
No hay comentarios:
Publicar un comentario