BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 2 de octubre de 2013

SUMI-E

O pasado fin de semana tiven a gran sorte de participar no "Primeiro encontro coa Pintura China" nun curso en Faro Vilán, organizado polo artista Antón Sobral e no que a profesora Susana Pérez Lorente, coñecida no mundo da arte como Yano Yoro e o mestre chinés Li Chi-Pang, amosáronos os segredos do SUMI-E.
 O SUMI-E consiste nunha técnica de debuxo monocromática con tinta chinesa, que desenvolveuse en China no Dinastía Tang (618-907) e que  foi introducida no xapón polos monxes budistas zen chineses no século XIV e que acadou unha grande importancia en Xapón sobre todo no Período Muromachi (1338-1573).
Sumi-E consiste en catro trazos de pinturas usualmente referidas como os catro “amigos”: Bambú,(para o Mestre Li o máis difícil de realizar) brotes de Ameixeira, Orquídea Silvestre e Crisantemo.

O Mestre Li, realizando unha  flor
 
 
Estes son algúns dos debuxos que o Mestre Li realizou con tinta chinesa e máis acuarela para amosarnos a técnica do SUMI-E.


 
 


 
E para rematar foto de participantes no curso: Bea, María e máis eu.
 
 
 
 

1 comentario: