BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 9 de octubre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte IV)



 
Rapaza de azul lendo unha carta.1664
 
 Vermeer traballou lentamente e con sumo coidado usando cores brillantes, así como algúns caros pigmentos: como o azul intenso que destaca nalgunhas das súas obras. As cores transparentes producíaas aplicando pintura en capas  formando granulacións no lenzo, técnica chamado pointillé (que non debe ser confundida co "puntillismo").


 
Dama cunha criada sostendo unha carta. 1667
 

Non hai debuxos que poidan atribuírselle exactamente a Vermeer e as pinturas ofrecen poucas claves sobre métodos preliminares. David Hockney entre outros historiadores e promovedores da tese Hockney-Falco, especularon que Vermeer utilizaba cámara obscura para lograr o posicionamento preciso das súas composicións, e esta idea parece ser ratificada por certos efectos de luz e perspectiva que resultaban do manexo de lentes, en lugar do uso de directo da vista humana.


 
O xeógrafo.1669


 
A carta de amor. 1670
 
Non obstante, a dependencia de Vermeer no uso da cámara obscura é disputado polos historiadores. Non hai outro artista do século XVII que utilizara nos seus primeiros traballos, en forma tan exhuberante, o caro pigmento que manifesta o ton lapislázuli ou ultramarino natural. Vermeer non só empregaba esta técnica en elementos deste ton; as cores terrosas e ocres debían ser entendidos como luz cálida nunha pintura fortemente iluminada, que reflectía os seus múltiples tons na parede. Este método foi inspirado moi probablemente pola comprensión que Vermeer tiña das observacións de Leonardo, onde manifestaba que a superficie de todo obxecto compartía a cor do obxecto adxacente. Isto significa que ningún obxecto é visto propiamente na súa cor natural pura.

 
Dama escribindo unha carta coa súa criada.1670
 

Habería que esperar case dous séculos para que o historiador e crítico Joseph Théophile Thoré (pseudónimo de W. Bürger) rescatáselle do esquecemento, en 1842, coa axuda do marchante de arte John Smith. Thoré fixo unha declaración atribuíndo 76 pinturas a Vermeer, un número que foi pronto rebaixado. A principios do século XX, corrían rumores de que aínda existían pinturas de Vermeer por descubrir.


Non foi ata 1935 que o museo de Rotterdam lle dedicou a súa primeira exposición individual.


 
Dama perto do clavicordio. 1670

No hay comentarios:

Publicar un comentario