BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 26 de septiembre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte I)


 
Posible autorretrato do artista na obra A alcahueta.1656
 
 Sabemos relativamente pouco acerca da vida de Vermeer, a excepción dalgúns feitos básicos anotados en rexistros e documentos legais. Vermeer naceu en Delft (Países Baixos), fillo do traballador de clase media Reijnier Janszoon. Foi bautizado como protestante o 31 de outubro de 1632 baixo o nome de Joannis. E enterrado na Igrexa Vella (Oude Kerk) en Delft. É, despois de Rembrandt, o máis famoso pintor holandés do século XVII, período que é coñecido como a idade de ouro de Holanda, polas súas asombrosas realizacións artísticas e culturais. A súa obra é escasa, xa que a pintura non era a súa principal fonte de ingresos. Especializouse en escenas interiores cotiás da vida doméstica burguesa. Non foi nunca especialmente rico, quizais debido ao escaso número de pinturas que producía e debido en parte ao feito de ter que manter once fillos.
 
 
Cristo en casa de Marta e María.1654-55
 

    Debemos ter en conta a época na que viviu o artista, os gremios de artistas estaban formados en xeral por pintores, escultores, gravadores, ceramistas, tapiceros e comerciantes. Os estudantes traballaban como aprendices nos talleres dos artistas ata que adquirían suficiente experiencia para entregar unha obra mestra, que se avaliaba para determinar si merecía converterse en mestre.
     
 
Santa Práxedes.ca 1655
 
Nas obras "Rapaza lendo unha carta "ou" Rapaza dormida", ambas do ano 1657, aprecianse xa algúns dos rasgos distintivos da estética do artista na representación de mulleres. mulleres ante unha ventá ou un moble,de perfilou de costas, silenciosas, abstraídas, solitarias, ensimesmadas na casa, en interiores burgueses, iluminados por unha luz que ven case sempre da esquerda.Sitas en cuartos que adiviñamos como interrogacións sobre unha vida que descoñecemos pero que alí acontece. Hai unha irrupción do espectador como 'voyeur' nestas casas, nesta proximidade coas mulleres que habitan e se moven nestes cuartos onde nós 'tamén estamos'. Entramos na súa intimidade sen que pareza notar nosa presenza.

 
Rapaza dormida. ca 1657


 
Rapaza lendo unha carta. 1657
 
 
 

 



 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario