BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 16 de octubre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte VI)


 Hoxe faremos un comentario exhaustivo sobre unha das obras máis coñecidas de Vermeer: “A rapaza da perla” do ano 1665,  que atópase no Mauritshuis de La Haya.
 
 

 Grazas á película do director Pieter Webber, baseada nunha novela de Tracy Chevalier do ano 1999, coñecemos a historia desta obra un tanto falseada. De feito, na película protagonizada por Scarlett Johansson e Colin Firth f álase dunha certa relación entre o pintor e a suposta modelo de pintura, a criada Griet, que  pronto pasa de ser unha traballadora na casa, a converterse en axudante (debido a intuición da rapaza para intuir a luz e a cor) e no amor segredo pero curto, do pintor, quen pinta a Griet coas perlas da súa muller, o que provoca a expulsión da rapaza da casa.

 En realidade e con toda probabilidade a modelo era unha das fillas do pintor, pois o artista parece ser que tiña moitas fillas que posaban en moitas ocasións para as súas pinturas. A rapaza, sobre un fondo neutro e  de perfil, mira cara o espectador coa boca lixeiramente aberta, superando así o límite do cadro. Este fondo que o achega ao tenebrismo de Caravaggio, perde aínda así o dramatismo das obras do artista italiano debido a cor azul do turbante e a tranquilidade que caracterizan a meirande parte das obras de Vermeer. Ao mesmo tempo, este fondo  escuro e neutro, reforza o efecto de tridimensionalidade e fai que a figura apareza máis clara, como explicara xa Leonardo da Vinci, no seu tratado sobre a pintura.
 
 
 Parece ser que a imaxe é unha “tronie”, é dicir, un retrato de “cabeceo intenso” como se chamaba en Holanda no século XVII a este tipo de representacións que non tiña a intención de “retratar” á modelo, e no que a expresión facial está esaxerada para amosar a habilidade pictórica do artista, polo que en xeral neste tipo de retratos descoñécese o nome do retratado. Ademais desta obra da rapaza da perla, Vermeer realizou outras dúas obras consideradas como “tronie”, “A moza da flauta” e “Estudo dunha muller nova”. Estas tres obras de J. Vermeer foron incluídas xa dentro deste xénero no catálogo de Dissius de 1696 polo alarde pictórico que representan.


 
A moza da flauta
 
 
Estudo dunha muller nova
 
 No cadro, realizado entre os anos 1665 e 1667 e de pequenas dimensións, pois mide 46’5 x 40 cm, pódense distinguir tres puntos fundamentais:
-A mirada. O artista atrae ao espectador cara ao lenzo a través da mirada por encima do ombreiro da nova. A cabeza, lixeiramente inclinada, esperta a sensación de que a rapaza está perdida en pensamentos ensoñadores, mentres que fixa a mirada cara o espectador.
-Os beizos, que entreabertos, crean sensualidade e misterio, mentres o seu turbante engade exotismo a esta mestura sedutora, xa que  estas pezas exercían en Europa unha grande fascinación xa desde o século XV.
-A perla, pois o punto focal principal non recae só na mirada da modelo senón na perla, perla plasmada con só dúas pinceladas, que reflicten por unha banda o pescozo branco da modelo e, por outro, os escintileos derivados do mesmo foco de luz lateral que ilumina o rostro.
 Estes tres puntos fundamentais sobre o fondo negro, mostranos unha dualidade: por unha banda a sensualidade dos beizos entreabertos e carnosos e a mirada ensoñadora e por outra, a pureza e castidade da modelo grazas ao atributo que a distingue como tal: a perla, que pode constituirse como un símbolo e que para algúns estudiosos da obra de Vermeer, alude a posibilidade de que o cadro puido ser pintado con motivo da voda da filla do artista.
 

 
                              Detalle da cabeza, lixeiramente inclinada
 
 
Coa colocación de forma sinxela de círculos e de liñas diagonais, o artista acada unha composición simple e  equilibrada, poderosa pero armónica, axudado ao mesmo tempo polo emprego dunha gama cromática reducida, pintada con suaves modulacións tanto de luz, que ilumina o rostro e crea reflexos no pendente, como de cor, a través dunha paleta baseada en azuis e amarelos.
 
                     Estudio da composición da obra: liñas e círculos




                          Estudio da composición da obra: círculos
 
 De feito, o artista emprega nesta obra, segundo os estudios realizados: branco de plomo, ocre vermello, azul ultramar (cor que o artista emprega moito nas súas obras así como o lapislázuli, pigmento tamén moi caro), amarelo ocre, verde terra, bermellón e sombra natural, é dicir,  unha paleta moi reducida, simple e de cores case puros baseados nunha luz vermella, unha azul e outra amarela. O resto son matices do mesmo pigmento e mesturas o que comporta ao mesmo tempo unha variada gama de grises.
 Para acadar as zonas iluminadas, Vermeer emprega o amarelo e o branco, que determinan a luz e o ambiente, pois para o artista as cores ocres e terrosas formaban parte da luz cálida cando a pintura tiña potentes focos de luz. A cor é aplicada en capas bastantes espesas, sobre todo nas partes claras. E parece ser tamén, que o pintor empregaba un cepillo de tejón, unha especie de abanico en forma de cepillo plano con cerdas suaves, que servía para mesturar delicadamente o ton máis claro dos tons da pel coas áreas máis escuras das sombras.
 A obra foi restaurada no ano  1944 no Museo Mauritshuis de La Haya, e descubruise que o verniz protector amarilleara a obra, polo que quedaban ocultas sutilezas no tratamento de pel e se perderan distintos toques de luz branca (no bordo dos beizos) e observouse un reflexo pequeno e brillante da perla que parece ser non formaba parte da obra orixinal, cando foi retirada a perla acadou a súa suavidade anterior.


 
                                      Detalle da perla restaurada
 

 Vermeer non firma nin data todas as súas obras, o cal dificulta no só a ubicación cronolóxica das mesmas, senón tamén a  súa  autentificación. Tras a restauración de 1994 aparecía nesta obra  a siñatura do pintor, na esquina superior esquerda, aínda que nas reproduccións habituais da obra no se aprecia por estar realizada nunha color moi leve. A siñatura  ten sido autentificada como tal polos expertos do Museo Mauritshuis de La Haya.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario