BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 6 de octubre de 2013

VERMEER DE DELFT(Parte III)





 
O vaso de viño. 1658-61

 Vermeer alcanzou certa fama na súa cidade de Delft como pintor innovador e como experto en cadros. En 1672 foi convocado a A Haia para facer unha peritaxe sobre unha colección de teas vendidas a Federico Guillermo, grande elector de Brandemburgo. Casou en 1653 con Catharina Bolnes, católica, filla de Maria Thins, que dispoñía de bos ingresos. Non obstante as Provincias Unidas foron invadidas por Francia e logo Inglaterra declarounos a guerra, o que repercutiu negativamente no mercado da arte en xeral, e nas finanzas dos Vermeer en particular, xa que tiñan once fillos.
 

 
A rapaza e o vaso de viño. 1659-60


 
A lección de música. 1662
 

 Suponse que se perderon algunhas das súas obras porque en máis dunha ocasión tivo que entregalas para pagar as súas débedas aos tendeiros. Jan Vermeer morreu pobre, e a súa muller tivo que vender os seus cadros ao concello para sobrevivir e manter os seus oito fillos aínda menores. Logo disemináronse as súas obras (algunhas chegaron a saír do país) ás veces coa sinatura doutros pintores para darlle máis valor. Das 34 obras recoñecidas actualmente como auténticas, só 16 levan a súa sinatura e unicamente dous a data.
 
 
 
Rapaza cunha  xarra de auga.1662
 
 
A rapaza do colar de pérolas. 1664
 
 Con respecto a este tema é interesante salientar os estudos realizados en varias obras do artista para verificar a súa autoria, pois Johannes Vermeer ingresou no gremio de Delft en 1653 e formou parte do seu consello en catro administracións. Aínda que se carece de documentación que probe que Vermeer tivo aprendices, da comparación de dúas pequenas pinturas da National Gallery pódese deducir que tivo polo menos un discípulo. Ambas as dúas táboas teñen apenas dezaoito centímetros de ancho e, aínda que se parecen moito en canto o motivo, difiren lixeiramente na execución.

 
 
O Concerto. ca 1664
 


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario