BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 22 de junio de 2014

MOSTRA na ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO: NOVOS PRODUCTOS


A PINTURA COMO PRETEXTO
 
Diversas obras do  alumnado de Pintura
 
 O alumnado de terceiro curso ven de realizar para esta mostra, unha serie de pezas que teñen como punto de partida a praxis pictórica desde moitos puntos de vista e nos que a historia da arte está moi presente. Hai pezas nas que o  traballo tradicional realizado polas mulleres como o cosido ou  o emprego do tecido forman parte dunha estética da “representación da diferencia”, libretas que falan da historia da pintura, pedras fosilizadas, libros  e caixas que conteñen  “imaxes pictóricas”, follas e papeis, todo tipo en fin,  de “pezas e artefactos” realizados con novos materiais, que falan do feito artístico, pois neste século XXI a dilución dos xéneros permite un xogo con quen mira, moito máis aberto e lúdico.
 
Uxía, óleo e acrílico sobre madeira e corda

 
Monique, pezas de puzzle, madeira e cordas e Alicia, técnica mixta sobre acetato

 
Isa, caixa con ramas de árbore, papel, insecto e flores secas
 
O ALUMNADO  ANTE AS SÚAS PEZAS
 
 
Juan Manuel Avendaño

 
Juan, Marisa e Neli

 
Uxía

 
Angelita

 
Monique

 
Eva

 
Elena

 
Marisa
 
NA EXPOSICIÓN
 
 
Grupo de MODA E CONFECCIÓN con Enma

 
Grupo de ESCULTURA E TALLA con Rosa e Manuel
 
 
Grupo do alumnado de Pintura

 
Con Teruca Cendón

 
Germán Pintos ante a máquina do obradoiro de Debuxo

 
Federico, profesor de Debuxo ante a máquina dando instruccións para o posado
 
 
Peza do obradoiro de Escultura e Talla en madeira
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

miércoles, 18 de junio de 2014

Exposición de ANTONIO RODRÍGUEZ CELEIRO (A. SAMOS)

 Na sala de Exposicións da Deputación en Vigo, inaugurou o pasado 11 de xuño, Antonio R. Celeiro, quen firma a súa obra como A.Samos. Presenta entre outras pezas, unha serie ben interesante de mariñas, cuia xénese estivo na AULA ABERTA de Pintura. Antonio, foi alumno de Pintura na EMAO, e na actualidade de Debuxo. A mostra estará aberta desde o 11 ata o 27 de xuño, en horario de mañana e tarde.
 Déixovos una fotos da inauguración, que foi unha festa e que contou con antigo alumnado do centro e con outros actuáis que non quixeron perderse a mostra.
 Parabéns Antonio.

 
Mariñas (Proxecto escomenzado na Aula Aberta de Pintura)

 
Marisa (alumna de pintura) e Tino (escultor)

 
Alberto, exalumno de Pintura

 
Paisaxe

 
Público na exposición

 
Irina, alumna de debuxo e exalumna de pintura e o pintor

 
Manuel, Ana (exalumnos tamén de pintura) e Antonio


miércoles, 11 de junio de 2014

"O TEATRO EN GRANELL", na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

O martes 10 de xuño na ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, tivemos unha representación teatral magnífica do alumnado de Repertorio da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, entre os que atópase a miña alumna de primeiro ano Mª Carmen Rosendo.
  Houbo tanta xente que a escola quedouse pequena. Grazas a tod@s, ao alumnado,  a María e Isabel, á bibliotecaria, María Xesús que estivo colaborando desde o primer momento coas actores e actrices, ao profesorado que asistiu e que quere que a nosa escola sexa a mellor. FOI UNHA FESTA!

 E o meu agradecemento especial ao alumnado da Escola Municipal de Teatro, quen coa obra "O Teatro en Granell", representou dúas pezas. A primeira baseada no cadro "Os lamentos das mulleres soas", foi representado no patio; a segunda obra baseabase nos cadros "A formación da metádora" e "A batalla académica das palabras negras" e tivo lugar nunha hemeroteca.
 PARABÉNS a tod@s!

 As fotos amosan o que aconteceu.

 
O alumnado de Pintura colaborando cos papeis

 
Alberto e Rambozzi, na montaxe

 
O director da segunda peza, na mañana, montando

 
Mª Carmen, a miña alumna

 
Parte do elenco da primeira peza

 
Parte do alumnado de Pintura na rúa: Cata, Santiago, Jose, Eugenio, Lorena e Uxía

 
A montaxe desde a aula de Pintura

 
O actor Carlos Pérez no seu papel de Granell

 
O numeroso público na entrada

 
Representación da primeira peza no patio

 
Representación da segunda peza na hemeroteca, nunha vista desde arriba

 
Representación da segunda peza na hemeroteca

 
O elenco ao final, recibindo os aplausos do público


 
 
 
 
 

 
 
 
 

domingo, 8 de junio de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte IV)

 
The Barn. 1994
 
 A súa obra ten unha manifesta vontade subversiva e liberadora, cunha evidente dimensión de loita contra a autoridade. Nela a artista fala da dominación, a opresión e a violencia co que cuestiona os estereotipos impostos socialmente, e así mesmo está enraizada en experiencias e recordos persoais, en sinistras fantasías, na historia da arte e na literatura, na que persoaxes como Pinocho ou Brancaneves acadan unha nova e tráxica dimensión.
OBRAS RELACIONADAS CON CONTOS
 
Dancing cople from Walt Disney's Fantasía.1995

 
Snow White and her stepmother.1995. Pastel sobre papel

 
Snow White Playing with her Father's Trophies.1995.Pastel sobre papel

 
Swallows the poisoned a Snow White.1995. Pastel sobre papel.
 
 
Island of the ligths from a Pinocho.1996. Indian ink and watercolour.
 
 
The blue fairy whispers to Pinocchio.1996. Pastel sobre papel
 
 OBRAS SOBRE FANTASÍA DE WALT DISNEY.DANCING OSTRICH.
 Pastel sobre papel. 1995









A artista, recrea tamén obras literarias, en pezas como “Os pecados do pai Amaro” de Eça de Queiros, ou “O home almofada” de Martin McDonagh, pero sobre todo fala das súas experiencias e vivencias recreando un mundo no que os máis débiles, nenos e mulleres, sofren as agresións dos fortes, adultos e homes fundamentalmente.
 
“Descanso e Fuga para o Egipto” (Série “O Crime do Padre Amaro”). 1998

Poleiro (Da serie "O crime do Padre Amaro").1997
 
 
Entre as mulleres.(Da serie "O crime do Padre Amaro").1997
 
 
A nai. 1997. Pastel sobre papel.
 
 Algúns sectores feministas hana aclamado polo seu modo de expresar a experiencia feminina, pois tivo unha infancia marcada polo catolicismo, coa idea do pecado como eixe central e unha posición especial en canto a pícara ou muller que vive nunha sociedade machista e retrógrada. “Sempre dun xeito ou doutro falo sobre a dominación, sobre a opresión e a violencia”, dixo a pintora. O seu perpetuo sondo das ramificaciones psicolóxicas dos ritos de paso aos que todos estamos sometidos, desde o nacemento ata a morte, convértea nunha das poucas pintoras modernas cuxo arte vira en torno á vida mesma.

 
Embaixador de Xesus. 1997

 
Rapariga con gladiolos. 1997

 
O anxo. 1998. Pastel sobre papel.

 
A lección. 1997.
 
 
 “As Lições de Betrothal” (Série Hogarth). 1999
 
Nestas relacións de poder que aparecen nas obras de Rego, moitas veces as propias mulleres e ata algúns nenos adoptan o rol de opresores en lugar do clásico de sometidos ao que estamos afeitos, o que nos revela o complexo mundo emocional que é a fonte da que bebe e coa cal exprésase Paula Rego.
 
 
Amor. 1995. Pastel sobre papel.