O pasado mércores 18 de marzo, inaugurouse en
Santiago, no Museo do Pobo Galego en Santo Domingo de Bonaval a mostra ARTE E SOLIDARIDADE, que remata o 26 de
abril, co galo do 25 aniversario do Proxecto
Home Galicia, con máis de cen artistas, con pezas de escultura, pintura e
fotografía, entre @s que atopábanse moitos amigos e amigas: Nilo Arias, Maribel
Longueira, Tino Canicoba, Enrique Velasco, Antón Pulido, Galia Blanco, Fernando
Lafuente, Paula Cabaleiro, Genma López, Yano Yoro, Mercedes Vicente, Basilisa
Fiestras, Tita Fraga, Detler Kappeler, Amelia Palacios, Xulio Gil, Carmen Hermo,
Antón Sobral e as miñas alumnas de Aula Aberta, Alicia Romarc e Eva Romero.
Durante a presentación da mostra, o comisario Antón Sobral e Mercedes Rozas coas autoridades
O cuarteto do Conservatorio de Santiago, tocando na inauguración da mostra, ante a peza de Tino Canicoba, “O can máis listo do mundo”
Maribel Longueira, ante a súa fotografía
Tino Canicoba e a súa peza "O can máis listo do mundo”
Eu, ante a peza de Antón Pulido
Ánxela e Marisa ante a peza de Tino Canicoba
A miña Peza S/T da serie “Suar tinta chinesa”
No PhotoPeach, varias das
pezas presentes na mostra.