Abduction.1925
Hannah emprendeu
unha larga viaxe a pé a Roma para liberarse da súa relación con Raoul Hausmann.
Tras a viaxe pintou Roma (1925), que representa á actriz Asta Nielsen rexeitando
a Mussolini, que simbolizaba o patriarcado.
En
1926, en Holanda, coñece á escritora Til Brugman, da que se namorará e coa que
vivirá un romance de nove anos. Será neses anos e na década dos trinta, cando
escomeza a expoñer individualmente e realiza fotomontaxes dunha modernidade
sorprendente, non só na forma senon tamén con respecto ao seu contido, pois a
androxinia e a confusión de sexos están presentes en varias das súas obras.
Love. 1926
En 1933, ano do ascenso de Hitler ao poder,
sofre unha hiperfunción do tiroides e, aínda que a operan con bos resultados,
pasará un ano debaténdose entre a vida e a morte. Durante a contenda, permaneceu
en Alemaña vendo como o resto dos seus amigos dadaístas partían ao exilio ante
a persecución nazi. Os anos da guerra son especialmente duros, pois se verá
hostigada polos nazis e verá como o seu nome aparece citado como exemplo de
artista bolxevique.
Fotomontaxe.
1955
Tras romper con Brugman coñece ao pianista
Kurt Matthies, con quen casará e con quen vivirá ata o ano 1942. Ao terminar a
contenda renova os contactos co mundo da arte, expondo en modestas mostras de
barrio. Interésase polos adiantos da técnica e segue recortando imaxes de
revistas e xornais cos que compón obras de tipo orgánico ou semi-abstractas de
gran forza visual. A pesar dos seus problemas na vista, continúa as súas
fotomontajes, nos que a imaxe da muller aparece tratada de forma irónica e
burlona.
É en 1953 cando lle chega o recoñecemento,
ao adquirir o MOMA tres obras súas. Despois virán numerosas retrospectivas nos
museos máis importantes, como a gran retrospectiva que no ano 1976, fíxolle o
Museo de Arte Moderno da Villa de París. A súa vida apagarase en 1978, tras
sesenta anos de actividade artística.
Grotesque. 1963
Gracias Paula, me encanta!
ResponderEliminar