HELENA ALMEIDA
Nace en Lisboa no ano 1934, e foi unha adiantada ao seu tempo, como referente tanto no feminismo como pioneira no emprego do seu propio corpo como material de traballo en elaboradas coreografías nas que emprega fotografías do seu corpo realizadas polo seu home, e que nos seus inicios mestura con pigmentos.
INHABITED DRAWING. 1976
Nacida nun ambente artístico, pois o seu pai era o escultor Leopoldo de Almeida, licénciase en Belas Artes na súa cidade natal, e posteriormente estuda en París grazas a unha beca da Fundación Calouste Gulbenkian, para decantarse case desde o primeiro momento -tras a súa volta a Portugal no ano 1967-polo emprego da fotografía como soporte artístico, en fotografías que semellan autorretratos, pero que ela mesmo nega, cando explica que as fotos que lle fan son en realidade planificacións a partir de bocetos que ella mesma realiza, sendo o seu home, o arquitecto e escultor Artur Rosa, que pulsa o disparador da cámara fotográfica.
Aínda que a traxectoria de Almeida iníciase coa escultura, durante os anos que traballa como axudante do seu pai, e cos traballos pictóricos nos seus primeiros anos na carreira de Belas Artes, a súa modernidade está xa baseada desde os anos sesenta,-cando comenzaban a desenvolverse tanto o body art como a performance- no emprego da fotografía como un elemento máis, pois nas súas pezas inclúense manipulacións posteriores, ao ser pintadas, engadirlles obxectos trimensionais ou ben acompañalas con grabacións sonoras e vídeos.
Almeida busca novos camiños para explorar a relación entre o seu propio corpo e o espazo que a arrodea. Nunha das súas primeiras pezas, ESTUDO PARA DOUS ESPAZOS, do ano 1977, amosa as súas mans entre reixas e portas metálicas entreabertas que semellan lugares represivos, ilustrando a situación da muller atada aos tramallos domésticos, ao mesmo tempo que unha resposta ao aillamento artístico que existiu durante a dictadura portuguesa, tanto a nivel político como cultural. Unha das frases que definen o traballo de Almeida, está nunha entrevista: “A miña obra é o meu corpo, o meu corpo é a miña obra”, pois ella redefine o seu traballo a partir da combinación do medio fotográfico, o debuxo e e apintura, xogando co espazo, e tentando eliminar a concepción dimensional de quen contempla as súas obras, e que pode apreciarse tando en TEA ROSA PARA VESTIR, do ano 1969, como en DEBUXO HABITADO, do ano 1975.
Aínda que a nós pode parecernos un traballo complexo, para ella, según as súas propias palabras nunha entrevista realizada na prensa, con motivo dunha mostra realizada no ano 2015, nunha galería lisboeta: “Tento incorporar o meu corpo á obra. Nesta ocasión hai papel e deseño; noutros traballo hai tea e pintura. É simple”.
A partires do anos 80 e 90, Almeida, que comenza a ser recoñecida mundialmente na Bienal de Venecia do ano 1982, realiza un cambio no formato, de tamaño máis grande e da escala da figura humana-case de tamaño real- reducindo os seus movementos e a expresión nunha contorna de negros e sombras, como na serie realizada no ano 2018, DENTRO DE MIN.
Na serie SEDUCIR, quizais unha das máis interesantes para min, da artista, está realizada nos anos 2001-2002, e nela, Almeida continúa a exploración do seu carácter expresivo e da manifestación física do desexo e a interioridade.
Para Isabel Tejeda, esta serie autobiográfica xorde en torno á morte da súa irmá. Aínda que parte de crítica indicaba que a serie investigaba a arte da seducción e o atractivo, según palabras da propia artista, xurde polo impacto que lle causou o sufrimento calado da súa irmá, enferma de cancro, pero que sempre mantivo a súa elegancia. Según palabras da propia artista: “Recordo que ás veces sangraba. Mentres falaba con ela, que se mantivo sempre arranxada e perfecta, ela sangraba”. De feito, Almeida aparece de costas, vestida de negro e deixando ver parte das pernas e dos pés, calzados con zapatos de salón, símbolo dunha feminidade estereotipada, mentres un dos pés aparece no chan e o pé espido está tintado de vermello. Estaq mancha é o único punto de cor e serve como puntum, pois dirixe a nosa mirada a ela. O pé, manifesta espido as verdadeiras emocións da personaxe que nese rasteo vermello, fai do seu dor a metáfora da irmá perdida
Na serie DESEÑO, son imaxes onde o obxecto, como sempre, é ela, unha Almeida de costas, de negro coma sempre desde os anos sesenta e nun escorzo impactante. Nesta serie aparece tamén o seu home, Artur, traspasando a liña representativa anterior, ao aparecer xunto a Helena atados polos pes. Desta serie Almeida comenta: “Xurdiu. Golpeoume. Tantos anos unida a Artur que queía plasmar esa compaña atando as nosas pernas como nesas probas de yincana nas que ir dun sito a outro atados. Non ten outro sentimento.”
A artista morre no ano 2018, a idade de 84 anos, deixando tras si unha obra que pode verse como o intento de chegar aos límites a partir da fotografía, onde o corpo da artista é ao mesmo tempo unha forma escultórica, un espazo, e ao mesmo tempo suxeito e obxecto, dun contido poético inigualable, na negación de que as súas fotos se convirtan en autorretratos, traspasando os límites da autorrepresentación.
https://womanarthouse.wordpress.com/2018/11/08/helena-almeida/
https://elpais.com/elpais/2015/04/21/eps/1429633739_515620.html
http://hipermedula.org/2021/01/helena-almeida-seduzir-com-pintura-habitada/
https://geometricasnet.wordpress.com/2009/08/03/helena-almeida/