BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 14 de noviembre de 2012

ARTEMISIA GENTILESCHI

Hoxe vou falar dunha das miñas artistas favoritas: Artemisia, unha das poucas mulleres da súa época que tivo acceso a unha formación en certo modo académica, pois aprendeu o oficio no obradoiro do seu pai Orazio dende moi nova. Foi unha pintora recoñecida polos seus contemporáneos, e firma en documentos da época como mestra de obradoiro. Crítica coa súa propia obra, independente e autosuficiente, consegue expresar a súa propia visión da vida, a partir dunha proposta artística persoal, pois pensa sempre en termos pictóricos. A súa figura, coñecida por aspectos alleos a práctica da arte, será reivindicada a partir dos anos noventa pola crítica feminista. Pertencente nos primeiros anos ao círculo de pintores caravaggistas, evoluciona logo a partir dun virtuosismo que a achega ao ambiente florentino e a pintura clasicista boloñesa. Pero o máis salientable na obra desta artista, asemade dunha factura e un dominio da técnica admirables, é o tratamento do tema e o papel da muller na iconografía dos seus cadros. A súa morte, deixou unha forte impronta na historia da pintura, con máis de 34 pinturas e cartas da súa autoría a importantes intelectuais da época. Foi a primeira muller en pintar escenas e motivos relixiosos e a primeira en ser admitida na Academia da Arte de Florencia. Artemisia foi unha grande artista do Barroco, que comenta nunha das súas cartas:”As miñas obras falarán por min”, o que expresa á perfección a súa condición de creadora.
Autorretrato en "Alegoría de la Pintura".

1 comentario: