BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 18 de noviembre de 2012

ARTEMISIA GENTILESCHI (IV)

Reflexionando sobre a obra da artista romana, e importante suliñar o tratamento naturalista do nú feminino que contrasta co doutros artistas, que pode ser debido a súa condición de muller, -ás mulleres estáballes prohibida a representación dos corpos espidos dos homes, pero tiñan unha grande familiaridade co corpo do seu propio sexo- en representacións sorprendentes, en composicións que semellan a transposición da súa vida nese momento, e que transmite a anguriada muller ante posibles agresores ou ante o seu propio destino, que aparece tanto na obra Susana e os vellos, como nos nús de Cleopatra ou noutras mulleres representadas pola artista. Asimesmo, existe tamén unha reivindicación das mulleres agraviadas e fortes noutras pinturas. Así Cleopatra e Lucrecia, das que fai diferentes versión, son mulleres libres que deciden o seu destino, dignas e sen connotacións negativas, que posúen unha iconografía semellante. Mulleres fortes, aínda que semellen novas e fráxiles, nas que contrasta a elegancia da que fan gala e a pose violenta como no caso de Judit, ou que se autocastigan ante a imposibilidade de vinganza, como no caso de Lucrecia. A importancia de Artemisia como artista, recae na procura doutros valores alleos aos das mulleres artistas da súa época, nos que existe o sacrificio da vida persoal a través da arte, nunha actitude vital apreciábel nas súas cartas, que amosan un carácter forte e autónomo e a conciencia de ser muller nun medio alleo, pero que confía no valor do seu oficio e da sua profesionalidade. Artemisia, non fai pintura de flores ou obxectos domésticos, pois comparte os usos artísticos do seu contorno e dos seus contemporáneos coma unha igual, sendo a pervivencia da súa obra nas pinturas e iconografías doutros autores, o que mellor reflicte a importancia que coma artista tivo na súa época. A súa obra atópase dispersa por todo o mundo, tanto na súa cidade natal, Roma e outras ciudades italianas como no Museo Metropolitano de Nova Yorke, no Museo do Prado ou no Detroit Institute of Arts.
Lucrecia (1621)

http://es.wikipedia.org/wiki/Artemisia_Gentileschi
http://esquimal.ucoz.com/news/artemisia_gentileschi_nuestra_contemporanea/2011-07-13-186
http://epdlp.com/pintor.php?id=2852



No hay comentarios:

Publicar un comentario