BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 28 de noviembre de 2012

DIANE ARBUS (Parte II)


 No interese por atopar a súa propia realidade, Arbus é libre, rebelde, intelixente, e segura da súa filosofía de vida pero terriblemente insegura con respecto a súa propia valía como fotógrafa. Será a súa relación coa fotógrafa Lissette Model, coa que estuda fotografía durante os anos que van desde 1955 á 1957, a que a afiance no seu interese por buscar un mundo fantástico e irreal dentro da sociedad “normal”. E quen tamén a avise dos perigos que supón ser unha muller artista e independente. "Tamén me advertiu- di Arbus- que me sentiría culpable por ser muller, culpable porque nunca crin que podería chegar a comprender a mecánica da cámara".
 
 
 
Triplets in their bedroom. 1963
 
Decidiu actuar na vida sen regras sociais, morais ou artísticas e encontrouno quitando a máscara que a xente se pon para parecer o que non é, por iso retrata os seus personaxes mostrándoos tal e como son. "Quero fotografar o que é maligno", dixo nunha ocasión. Esa necesidade de fotografar o que ninguén antes sacara á luz, aos freaks, provén do visionado da película de Tod Browning, Freaks. Diane entende entón que os monstros non son imaxinarios, senón reais, que aquilo que lle prohibiran mirar na súa infancia e xuventude, todo o que non era "normal" aparecía ante os seus ollos como algo probable e tanxible.
 

                                                                    S/T. 1970-1971
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario