BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 29 de noviembre de 2012

VISITA A EXPOSICIÓN "NIEBLA" DE DIN MATAMORO


 Onte, o alumnado de Pintura do último curso da Escola de Artes e Oficios de Vigo, tivo a grande sorte de facer unha  visita a exposición de Din Matamoro, titulada Niebla, comisariada por Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro de Vigo, cun guía de excepción: o propio artista. Esta exposición, centrada na investigación da percepción visual  humana, propón un conxunto de catro acrílicos sobre lenzo de gran formato. Estas obras conforman unha instalación sobre as paredes brancas da sala, formando un entorno nubrado, que pouco a pouco descubre as cores e matices que se presentan a través da néboa.

 O artista propónnos unha observación lenta, a  reivindicación dun tempo suspendido, incidindo na importancia da observación para acadar un diálogo individual coa obra, visual e dinámico, que nos descubrirá un amplo repertorio de cores que percíbense como diferentes momentos de intesidade lumínica.

 Din falounos da súa traxectoria vital e pictórica e posteriormente, invitounos ao seu obradoiro, onde poidemos comprobar “in situ”, o seu traballo. A visita converteuse nun diálogo entre o artista, o comisario da exposición e o alumnado, sobre a plástica, o espazo pictórico, o xeito de mirar e aspectos técnicos.

 Se tedes oportunidade, convídovos a visitar a exposición. Non vos deixará indiferentes.



                                       O artista explicando a súa obra na Fundación Laxeiro


                                      No obradoiro, co alumnado moi atento as súas palabras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario