BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 24 de junio de 2013

GIOVANNA GARZONI (parte III)

 
Cabazas
 
    Noutras obras da artista, os bodegóns parecen ser unha mixtura de flores, pequenos animais, insectos e froitas, nos que o  detalle parte dun naturalismo cercano á visión dun científico, coma se se tratara dun estudio que recopilara imaxes para un inventario, para unha clasificación científica dos seres vivos. Nestes bodegóns renuncia a diseminar a súas variadas froitas e insectos dun modo casual no plano, pois os coloca case no centro da composición, dun xeito  xemellante a Fede Galizia, onde pódese comprobar o influxo que a pintura lombarda tivo en Giovanna.
 
 
Caraveis
 
Parecer ser que tivo varias estancias na cidade do Arno, pois moitas das obras de Giovanna, teñen o seu orixe na colección conservada polo duque e a súa esposa, Vittoria della Rovere, xa que casi 40 das súas obras están en coleccións florentianas e aparecen nos inventarios dos Medici durante os séculos XVII e XVIII. Según a crítica de arte, os mellores retratos da artistas pertencen a esta época florentina os retratos de:Vittorio Amedeo, duque de Savoia e del Caterina de Austria, Leopoldo de Medici e do Cardinal Richelieu (Firenze, Galleria degli Uffizi) e un gran numero de vasos con flores e de platos con froitas .
 
 
Cereixas e caraveis
 
As miniaturas desta artista, feitas sobre pergamino moi fino de coiro con acuarela e gouache, o que lle confire unha enorme frescura e dun detallismo soprendente, amosan unha sorte de mixtura entre a natureza morta tan de moda naqueles anos nos Paises Baixos e o estudio científico botánico e parece ser que tivo influencia nela Jacopo Ligozzi, pintor, miniaturista e ilustrador que desenvolveu unha obra que describen a flora e a fauna dun xeito case científico.
 
 
Froiteiro con ameixas e noces
 


 
 


martes, 18 de junio de 2013

GIOVANNA GARZONI (Parte II)


 
Bodegón con caracois
 
 Será en Florencia a cidade onde desenvolve o seu traballo en debuxos, pasteles e témperas, en obras que son unha síntese entre as naturezas mortas e o deseño científico. O ambiente florentino é quizais un dos mais adecuados para o desenvolvemento deste tipo de obras, debido ao interese pola ciencia do Gran duque Fernando II e do seu irmán Leopoldo, quen funda a “Accademia del Cimento”, para financiar a investigación científica.
 
 
 
Bodegón con melón e mosca
 
Algunhas das súas obras son unha sorte de bodegóns, onde aparecen caveiras, nunha sorte de alegoría, a vanitas, que amonestan ao espectador sobre a caducidade dos bens temporais e a brevidade da vida, pero sen a dramática iluminación doutros artistas barrocos como o español Valdés Leal, coñecido polas alegorías Finis gloriae mundi e In ictu oculi(1672). Este tipo de bodegóns chamados Vanitas, e dicir, vaidade é un xénero propio do Barroco, que reflexiona sobre a futilidade do mundo e do coñecemento humano. Neste tipo de representacións aparece unha caveira, que representa á norte, libros, velas e tipo tipo de obxectos, inútiles cando chega a norte, no que o predominio do valeiro en unha boa parte do soporte pictórico, provoca unha sensación case metafísica.
 
 
Caveira e reloxo
 
 De feito, no século XVII, estes bodegóns moralizantes fixéronse moi frecuentes como “Memento mori”, complemento indispensable para a predicación e a devoción en Europa baixo formas e con intencións apenas diferentes no norte e no sur, para o catolicismo e para o protestantismo.
 
 
Caveira froitas e botella
 
 

domingo, 9 de junio de 2013

GIOVANNA GARZONI (Parte I)

 
Autorretrato de 1650

  Giovanna Garzoni, non é unha artista moi coñecida para o público en xeral, como ocorre con outras moitas artistas barrocas, que pese a ter no  seu tempo moita sona e recoñecemento, son na actualidade coñecidas só por certas especialistas en pintura realizada por mulleres. Por sorte, a Accademia de San Luca, ten moitos rexistros que permítennos coñecer detalles da vida de esta artista. Tivo moito éxito no seu tempo como pintora de miniaturas, (chamadas deste xeito, non por ser pequeñas senon por estar pintadas nun pergamino que usábase para escribir e pintar) que desenvolveu especialmente no xénero da natureza morta, aínda que tamén realizou retratos e temas relixiosos.

 
 
Bodegón con froitas e flores

 Nacida en Ascoli Piceno no ano 1600, pertence a unha familia  de artesáns e foi descuberta cando traballaba como axudante nunha farmacia da súa vila, o que permitiulle entrar no obradoiro de Giacomo Rogni, como conta ela mesma nunha carta datada en 1620.Parece ser que a súa  primeira obra asinada é unha “Sagrada familia”, realizada cando contaba con 16 anos, obra de grandes dimensións que atópase en Venezia, na Gallerie dell'Accademia. Durante eses anos fixo tamén un libro de caligrafía con paxaros, flores e froitos, que publicarase posteriormente no ano 1625.
 
 
Bodegón con froitas e abella
 
 Casada no ano 1922 co artista veneciano Tiberio Tinelli, o matrimonio dura só dous anos e aos trinta anos abandona Venecia para trasladarse a Nápoles co seu irmá, cidade na que traballa para o Duque español de Alcalá, para con posterioridade marchar a Turín, aceptando a invitación que lle fai o duque de Savoia. Coñecida pola súa fama como retratista, Cristina de Francia, duquesa de Savoia, requiere os seus servizos en Turín, a onde viaxa en novembro de 1632, para desenvolver na cidade piamontesa unha intensa actividade na corte.
 
 
Vittorio Amedeo de Savoia(1935)
 
 En Turín realiza entre outras obras un pequeno retrato dun mulato, datado no ano 1635 e dun Apolo, que conservase hoxe no Palacio do Quirinal, así como a que parece ser a súa primeira natureza morta, un plato de cerámica con froitas. Traballa para o duque 5 anos, para en 1640 viaxar a Florencia, onde traballa para a corte dos Medici.
 
 
Cristina de Francia (1935)

 



 
 



miércoles, 5 de junio de 2013

TRABALLOS NA AULA. COPIA DO NATURAL

O pasado luns 27 de maio, Carlos Quintá , profesor da E-Trad, tivo a amabilidade de tocar para a aula de debuxo e de pintura en directo co seu alumnado para que fixeramos debuxo do natural en movemento. Estas son algunhas das fotografías que o documentan.

 
Debuxando do natural


 
Na aula de debuxo, co alumnado de debuxo e pintura
 
 
Vista xeral
 
 
Na aula de pintura
 

domingo, 12 de mayo de 2013

MARUJA MALLO (Parte VIII)


 VOLTA A ESPAÑA

 En canto instáurase o peronismo en Arxentina, Maruja deixa o país e trasládase a Nova York, para regresar a España en 1965, tras vinte e cinco anos de exilio. A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chegalle ou recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, non 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo inadecuado do momento, ou Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma. Encamada, rodeada de postais e recordos, morre ou 6 de febreiro de 1995 na residencia de anciáns Menéndez Pidal de Madrid.


                                  
                  Grabado en homenaxe á Revista de Occidente
 
A proposta estética de Maruja Mallo, posúe unha evolución de contido que evolucina desde un primeiro realismo obxectivo, na súa serie de VERBENAS E ESTAMPAS, dos anos vinte, pasando pola destrucción obxectiva a pirncipios do anos trinta, coa serie CLOACAS E CAMPANARIOS, ata a realidade subxectiva en obras como  A sorpresa do trigo, do ano 1936. A súa última proposta estética MORADORES DO VALEIRO E VIAXEIROS DO ÉTER, reflicte viaxes cósmicas e criaturas fantásticas, e participan da estética do fráxil, con obra feita en papeles pequenos, como a obra JES-TOR.
 
 
                                 Viaxeiros do éter, anos 80

viernes, 10 de mayo de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO no MARCO


 Esta semana o alumnado de Pintura da EMAO, realizou dúas visitas á exposición que o Museo MARCO de Vigo ten na planta baixa: “O bosquexo do Mundo”, comisariada por Alberto González Alegre e Ángel Cerviño.
 A mostra permite a posibilidade dunha visita ao  obradoiro de distintos artistas e creadoras, a partir dun conxunto de útiles e documentos, obras e antecedentes que permiten un chegamento ao proceso creativo. Esta proposta expositiva investiga nos bosquexos, cadernos e libros de artistas, refugallos, obxectos inútiles ou non, que se acumulan nos talleres e que poñen en escena a posibilidade dunha obra que ás veces non é obra aínda e outras si, pero que resulta moi interesante para tentar captar un conxunto de signos que permiten lecturas múltiples.

 Na primeira visita, cun grupo nutrido de alumnado, tivemos a gran sorte de facer un percorrido pola exposición da man de Alberto González Alegre, que mostrounos este proxecto centrado no traballo dos obradoiros de artistas que se deron a coñecer na década dos oitenta, e doutros creadores e creadoras moi novos, e desvelounos ese proceso de creación a partir de materiais en ocasións extrapictóricos.

 
Alberto ante unha das pezas
 

Na segunda visita, o numeroso grupo foi guiado por eses recunchos que son os obradoiros como lugar privilexiado de creación por Ángel Cerviño, que asemade de comisario é tamén artista plástico. Ángel invitou a acompañarnos a un dos  artistas que participan na mostra, Teo Soriano, que falounos da súa obra e do xeito en que entende o traballo no obradoiro.

 
Ángel Cerviño nos recibe na porta do Marco
 
 O alumnado escoitou atentamente as explicacións e comentarios dos comisarios, quenes desvelaron este “bosquexo” ao longo dunha tarde que resultou moi proveitosa.

 Un luxo para nós.



 

 
 
O BOSQUEXO DO MUNDO on PhotoPeach Fotografías María Teresa Romero y Paula Mariño