BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 29 de junio de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte V)


A súa obra pode considerarse ás veces coma unha sorte de catarse: “Comecei a debuxar aos cinco anos. Cando debuxas podes facer o que queiras, castigar aos bos, premiar aos malos…A vinganza é túa, dixo o lápiz.”

 
 Boda á moda.2000 - Série baseada no pintor Hogart.

 
Ven ata min. 2011
“Somentes intento expresar sinxelamente moitas cousas, máis isto é o máis complicado do mundo.” Paula Rego ilustra historias que cambia para conferirlles un novo significado, historias que metamorfosea gráficamente e que atrapan a nosa retina.
A madeira do que están feitos os héroes.2002
A metamorfose de Kafka.2002
 SERIE SOBRE A  VIRXE. 2002. Pastel sobre papel.

 
Adoración

 
Anunciación

 
Asunción

 
A fuxida á Exipto

 
Lamentación

 
Natividade

 
Agonía no horto.

 
Pietá

 
Purificación no templo

 Nos seus cadros aparentemente estáticos, faltos de movemento, nas súas escenas suspendidas nun espazo e un tempo detidos, subxace unha tensión inquietante que os vitaliza, causándonos curiosidade, asombro e ás veces rexeitamento. Tamén referíronse a ela como unha pintora que crea ambientes cinematográficos como antes que ela fixérono Giorgio de Chirico ou Edward Hopper que con estilos moi diferentes entre si, é verdade que todos mostran o cadro como un escenario no que suceden cousas.
 
Olga. 2003 Pastel sobre papel
 
O cigarro. 2005. Pastel sobre papel
 
Broken promises. 2006
A cazadora furtiva. 2011

 
Dame with the Goat's Foot. 2011-2012. Pastel
Dama con pé de cabra. 2012.
 Ao longo da súa carreira recibiu o grado de doutora honoris causa en Letras por distintas universidades e a Gran Cruz da Orde de Sant’Iago da Espada de mans do presidente de Portugal. En 2004 o servizo postal británico emitiu un xogo de selos que reproducía os seus litografías para Jane Eyre.
 A súa obra está presente nas coleccións do British Museum, a Colecçao Berardo, o Frissiras Museum, o Metropolitan Museum of Art, o Museu Serralves, a National Gallery, a Saatchi Gallery, a Tate e o Vitoria and Albert Museum, entre outros centros.
Páxinas web con información sobre a artista:
 
 
 
 
 

 
 
 
 

 
 

TRABALLO NA AULA: ACUARELAS EN INICIACIÓN

  Traballo en técnica de acuarela: proposta para o alumnado de Iniciación de mañana e tarde.
 Realizar un árbol en acuarela cos seguintes pasos: aguada no fondo deixando na parte inferior da folla un goteado, aguadas no tronco do árbore, traballo de liña nas ramas para posteriormente, trazar diversas liñas con pastel.
 






















 

domingo, 22 de junio de 2014

MOSTRA na ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO: NOVOS PRODUCTOS


A PINTURA COMO PRETEXTO
 
Diversas obras do  alumnado de Pintura
 
 O alumnado de terceiro curso ven de realizar para esta mostra, unha serie de pezas que teñen como punto de partida a praxis pictórica desde moitos puntos de vista e nos que a historia da arte está moi presente. Hai pezas nas que o  traballo tradicional realizado polas mulleres como o cosido ou  o emprego do tecido forman parte dunha estética da “representación da diferencia”, libretas que falan da historia da pintura, pedras fosilizadas, libros  e caixas que conteñen  “imaxes pictóricas”, follas e papeis, todo tipo en fin,  de “pezas e artefactos” realizados con novos materiais, que falan do feito artístico, pois neste século XXI a dilución dos xéneros permite un xogo con quen mira, moito máis aberto e lúdico.
 
Uxía, óleo e acrílico sobre madeira e corda

 
Monique, pezas de puzzle, madeira e cordas e Alicia, técnica mixta sobre acetato

 
Isa, caixa con ramas de árbore, papel, insecto e flores secas
 
O ALUMNADO  ANTE AS SÚAS PEZAS
 
 
Juan Manuel Avendaño

 
Juan, Marisa e Neli

 
Uxía

 
Angelita

 
Monique

 
Eva

 
Elena

 
Marisa
 
NA EXPOSICIÓN
 
 
Grupo de MODA E CONFECCIÓN con Enma

 
Grupo de ESCULTURA E TALLA con Rosa e Manuel
 
 
Grupo do alumnado de Pintura

 
Con Teruca Cendón

 
Germán Pintos ante a máquina do obradoiro de Debuxo

 
Federico, profesor de Debuxo ante a máquina dando instruccións para o posado
 
 
Peza do obradoiro de Escultura e Talla en madeira
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

miércoles, 18 de junio de 2014

Exposición de ANTONIO RODRÍGUEZ CELEIRO (A. SAMOS)

 Na sala de Exposicións da Deputación en Vigo, inaugurou o pasado 11 de xuño, Antonio R. Celeiro, quen firma a súa obra como A.Samos. Presenta entre outras pezas, unha serie ben interesante de mariñas, cuia xénese estivo na AULA ABERTA de Pintura. Antonio, foi alumno de Pintura na EMAO, e na actualidade de Debuxo. A mostra estará aberta desde o 11 ata o 27 de xuño, en horario de mañana e tarde.
 Déixovos una fotos da inauguración, que foi unha festa e que contou con antigo alumnado do centro e con outros actuáis que non quixeron perderse a mostra.
 Parabéns Antonio.

 
Mariñas (Proxecto escomenzado na Aula Aberta de Pintura)

 
Marisa (alumna de pintura) e Tino (escultor)

 
Alberto, exalumno de Pintura

 
Paisaxe

 
Público na exposición

 
Irina, alumna de debuxo e exalumna de pintura e o pintor

 
Manuel, Ana (exalumnos tamén de pintura) e Antonio