BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO
domingo, 13 de enero de 2013
FRIDA KAHLO (Parte VIII)
Frida se autorretrata para ocupar un baleiro, un NON-SER, como afirmación da súa existencia. O seu corpo é un campo de batalla, no que se autoafirmar, mentres que en ocasións aparece como o mito da Deusa, que morre ao parir. A súa obra permanece allea á teorización surrealista sobre a muller (formas afiadas e espiñentas e busca da musa femenina) que construía a muller como obxecto e lugar máxico no que proxectaban o seu erótico desexo viril e volvéronse cara á súa propia realidade, na que conflúen arte e vida. Existe na súa obra unha dualidade marcada por un personaxe externo constantemente reinventado mediante o vestido e o adorno e unha imaxe interna chea de dor, que confiren ás súas pinturas unha complexidade obsesiva e unha narración pertubadoras.
A artista emprega a súa pintura para explorar a realidade do seu propio corpo e a conciencia desa realidade, e debido a súa imposibilidade para ser nai, recolle visións da maternidade pouco positivas, en obras como O hospital Henry Ford e O meu nacemento. Áinda así, identifica a muller coa natureza e dota á feminidade coas súas facetas instintivas(maternidade), enigmáticas, sexuais e destrutivas.
A columna rota.1944.
Cando empeorou o seu estado de saúde e viuse obrigada a levar corsé de aceiro, Frida Kahlo pintou este autorretrato en 1944. Unha columna jónica con diversas fracturas simboliza a súa columna vertebral ferida. A rasgadura do seu corpo e os e os surcos do yermo paisaxe gretada, convértense en metáfora da dor e soidade da artista.
O abrazo de amor do universo, a terra (México) 1949.
Frida Kahlo comportábase a miúdo como unha nai ante o seu marido e aseguraba que as mulleres en xeral e "entre todas elas -EU- quixese simepre telo en brazos como ao seu neno recentemente nado". O cadro contén, ademais, moitos elementos da vella mitología mexicana: o día e a noite, o sol e a lúa, a deusa da terra Cihuacoatl. Tamén o can Itzcuintli é, separadamente dunha das súas mascotas preferidas, unha representación da figura mitológica con forma de can Xólotl, o gardián do mundo dos mortos. Nas súas obras aparece unha equivalencia simbólica entre sacrificio-maternidade. A muller azteca (reafirma a súa pertenza a esta etnia) está poseida pola nai terra, todo se subordina aos poderes femininos da terra. Hai unha percepción do escuro respecto aos ciclos da vida, que aparece en moitas das súas obras.
viernes, 11 de enero de 2013
FRIDA KAHLO (Parte VII)
Autorretrato con trenza. 1941. Co acto de cortarse o pelo non só relataba a dor pola separación de Rivera. Aquí temos de novo o pelo como elemento de expresión dos sentimentos da artista, esta vez en relación co novo matrimonio con Rivera en decembro de 1940. Os cabelos que no outro cadro aparecían cortados, parecen ser recolleitos e peiteados cunha trenza. Deste xeito retomou Frida Kahlo a feminidade que un ano antes, en 1940, había desechado e simbólicamente deposto.
Tras o divorcio, Frida e Diego continuaron compartindo parte da vida social, artística e política, e no ano1940, Frida chega en septiembre a San Francisco e dous meses máis tarde,casan de novo. Durante estes años, o recoñecemento artístico a súa obra foise incrementando, especialmente en EE.UU. Realiza exposicións colectivas en el Museo de Arte Moderno de Nueva York, e no Instituto de Arte Contemporáneo de Boston e no Museo de Arte de Filadelfia.
A partir de 1943 deu clases na escola La Esmeralda del México D.F.
Eu e os meus pericos.1941. Este retrato foi realizado durante a súa relación amorosa con Nickolas Muray. Muray era un dos recoñecidos fotógrafos retratistas dos Estados Unidos. Axudara a Frida Kahlo, á que xa coñecera en México, nos preparatorios para a exposición na galería de Julien Levy, en 1938 en New York. Os catro papagayos proceden do mundo pictórico hindú, onde son os animais de tiro do deus do amor, Kama. Como símbolos eróticos, aluden á relación amorosa con Muray.
miércoles, 9 de enero de 2013
FRIDA KAHLO (Parte VI)
No ano 1939, tras unha serie de infidelidades, (o asunto máis doloroso para Frida é a relación entre Diego e a súa irmá Cristina) se divorcian. Frida regresou temporalmente a súa casa de Coyoacán. Entrando nun período de ánimo depresivo no que a artista consume excesivamente alcohol como maneira de aliviar o seu sufrimento físico e psíquico, unha das súas obras máis importantes deste período é “As dúas Fridas”.
As duas Fridas. 1939.
Pouco despois do seu divorcio con Diego Rivera, Frida Kahlo rematou un autorretrato constituído de dúas personalidades: As Dúas Fridas. Con este cadro, asimila a crise marital, a través da separación entre a Frida en traxe de tehuana, o favorito de Diego, e a outra Frida, de raíces europeas, a que existiu antes do seu encontro con el. Os corazóns das dúas mulleres están conectados un ao outro por unha vea, a parte europea rexeitada de Frida Kahlo ameaza con perder todo o seu sangue. O espazo, case valeiro, agás o ceo tormentoso, explica o tormento da artista, que mira cara o espectador.
Esta obra estivo exposta nunha edición da feria ARCO tras uns cristais, para que non fora dañada polo numeroso público que se achegaba á obra.
Autorretrato co cabelo cortado.1940.
En lugar dunha ropaxe feminina como na maioría dos autorretratos, Frida Kahlo represéntase aquí vestida cun amplo traxe masculino escuro. Acaba de cortarse os seus longos cabelos cunhas tijeras. O verso dunha canción de moda mexicana no bordo superior do cadro infórmanos sobre a razón do feito:
“Mira que si che quixen, foi polo pelo,
Agora que estas pelona, xa non che quero”.
Na obra, Frida fala case en broma da canción mexicana de moda que fíxose popular a principio dos anos corenta, e representa a nova vida da artista, co acto simbólico de cortarse o seu cabelo. A artista, que como na canción sentíase amada grazas a súa longa cabeleira, como atributo feminino, decide desfacerse de todos eses atributos (ropa e cabeleira) para afastarse da imaxe feminina que esperábase dela, nun acto de rebeldía e independencia.
lunes, 7 de enero de 2013
FRIDA KAHLO (Parte V)
En Outubro de 1938 Frida viaxa a Nova Yorke para preparar a súa exposición na Galería de Julien Levy. O ano anterior participara nunha exposición colectiva en México, pero esta exposición sería a primeira en solitario. O poeta e ensaísta do surrealismo André Bretón cualifica a súa obra de surrealista nun ensaio que escribe para esta exposición de Kahlo. Non obstante, ela mesma declara máis tarde: "Crían que eu era surrealista, pero non o era. Nunca pintei os meus soños. Pintei a miña propia realidade". En 1939 expón en París na galería Renón et Collea grazas a Bretón. A súa estanza na capital francesa levouna a relacionarse co pintor malagueño Picasso e a aparecer na portada do Vogue francés. Por entón Frida era coñecida no mundo enteiro.
O que vin na auga ou O que a auga me deu.1938
Este cadro é un traballo simbólico que expón moitos acontecementos da vida da artista e recorre a numerosos elementos doutros traballos. Frihda Kahlo desenvolveu unha linguaxe pictórico propio. Aínda cando moitos dos seus traballos conteñen elementos fantásticos e surreales, non se deben de identificar como surrealistas, pois en ningún deles desprendeuse por completo da realidade.
Autorretrato, “The Frame”.1938
En 1939 tivo lugar a exposición, organizada por André Breton, "Mexique", onde se expoñían pinturas mexicanas, esculturas, fotografías e obxectos de arte popular. Tambien estaba exposto este autorretrato, que foi adquirido polo Louvre, sendo o primeiro cadro dun artista mexicano deste século en entrar no museo. Rivera estaba moi orgulloso deste honor e a miúdo poñíase nostálxico ao recordar o éxito da súa muller en París. O retrato e o fondo azul están pintados sobre un panel de aluminio. Os ornamentos florales que o enmarcan e as dúas aves están pintados sobre cristal e colocados sobre o retrato.
domingo, 6 de enero de 2013
FRIDA KAHLO (Parte IV)
Autorretrato con colar. 1933
En Detroit consegue superar a tristeza polo aborto e mirar de novo a vida. Nesta autorrepresentación leva posto un colar de perlas de jade precolombinas. Aparece fresca e fermosa e mostra nuevamente unha gran seguridade en si mesma, como nos Autorretratos de 1929 e 1930. O cadro foi adquirido polo actor americano Edward G. Robinson.
Diego no meu pensamento. 1933 O retrato de Rivera na súa fronte expón o amor obsesivo de Frida Kahlo polo seu marido: el está continuamente no seu pensamento. Está vestida cun traxe de Tehuana, que tanto gustava a Rivera. O traxe procede dunha rexión do suroeste de México na que aínda hoxe se conservan as tradicións matriarcales e cuxas estruturas económicas revelan o dominio da muller. As raíces das follas que adornan o seu tocado recordan unha telaraña coa que intenta cazar á súa presa, Diego.
A partir do ano 1935, Frida realiza diversos viaxes aos Estados Unidos, tanto na compaña do seu home como soa, debido a mala relación entre a parella. Entre 1937 e 1939 o revolucionario ucraíno León Trotsky viviu exiliado na súa casa de Coyoacán xunto á súa muller. Alí terá un romance co líder comunista para, tras o seu asasinato a mans do membro da NKVD estalinista Ramón Mercader, no ano 1940, ser acusada como autora deste. Isto levouna a estar arrestada pero finalmente foi deixada en liberdade. En 1938, os Rivera foron anfitrións tamén de André Breton e Jacqueline Lamba. Breton tamén simpatizaba coas ideas políticas de Trotsky e viaxara a México para coñecelo. Cando Breton viu as pinturas de Frida quedou abraiado.
Autorretrato com changuito.1938 Na mitología mexicana, o mono é o patrón da danza, pero tamén un símbolo de lascivia. A artista representou ao animal de tal forma, que se converte no único ser realmente vivo, cariñoso e animado, que, protector, enlaza co seu brazo á pintora. O cadro foi encargado por A. Conger Goodyear, o entón presidente do Museum of Modern Art of New York, logo de asistir a unha exposición da artista na galería de Julien Levy, en outubro de 1938. En realidade quería comprar o cadro Fulang Chang e eu, pero xa fora comprado por Mary Schapiro Sklar.
Diego no meu pensamento. 1933 O retrato de Rivera na súa fronte expón o amor obsesivo de Frida Kahlo polo seu marido: el está continuamente no seu pensamento. Está vestida cun traxe de Tehuana, que tanto gustava a Rivera. O traxe procede dunha rexión do suroeste de México na que aínda hoxe se conservan as tradicións matriarcales e cuxas estruturas económicas revelan o dominio da muller. As raíces das follas que adornan o seu tocado recordan unha telaraña coa que intenta cazar á súa presa, Diego.
A partir do ano 1935, Frida realiza diversos viaxes aos Estados Unidos, tanto na compaña do seu home como soa, debido a mala relación entre a parella. Entre 1937 e 1939 o revolucionario ucraíno León Trotsky viviu exiliado na súa casa de Coyoacán xunto á súa muller. Alí terá un romance co líder comunista para, tras o seu asasinato a mans do membro da NKVD estalinista Ramón Mercader, no ano 1940, ser acusada como autora deste. Isto levouna a estar arrestada pero finalmente foi deixada en liberdade. En 1938, os Rivera foron anfitrións tamén de André Breton e Jacqueline Lamba. Breton tamén simpatizaba coas ideas políticas de Trotsky e viaxara a México para coñecelo. Cando Breton viu as pinturas de Frida quedou abraiado.
Autorretrato com changuito.1938 Na mitología mexicana, o mono é o patrón da danza, pero tamén un símbolo de lascivia. A artista representou ao animal de tal forma, que se converte no único ser realmente vivo, cariñoso e animado, que, protector, enlaza co seu brazo á pintora. O cadro foi encargado por A. Conger Goodyear, o entón presidente do Museum of Modern Art of New York, logo de asistir a unha exposición da artista na galería de Julien Levy, en outubro de 1938. En realidade quería comprar o cadro Fulang Chang e eu, pero xa fora comprado por Mary Schapiro Sklar.
sábado, 5 de enero de 2013
"As voces baixas" de Manuel Rivas
Hoxe rematei de ler a última escrita de Manolo Rivas, esa lembraza enchida de recordos que parecen lonxanos, pero que están na memoria colectiva da nosa nenez. Lembranza agridulce e ao mesmo tempo leda, que vai desgranando situacións e personaxes que non nos son alleos: a vida nesa pequena aldea, O Castro de Elviña, perto da cidade, lugar máxico e mítico onde a historia permanece pendurada no tempo; todos os medos, sobre todo os primeiros medos (os da nenez) e o nacemento dunha paixón, a de contar historias, historias que dun xeito oral pertencen a unha saga familiar de traballadores, que están en relación coa arte e artesanía: o avó carpinteiro, as tías sastras ou o pai músico, que nun movemento universal de xenerosidade regala o saxo a alguén que o vai necesitar para sobrevivir.
Tamén está en todo o libro a pegada transparente e necesaria da súa irmá máis vella na súa existencia, esa nena que nos mira dende a portada e que semella a xemelga do escritor, que despega do fogar cunha forte vontade, na percura do seu propio camino vital. Valente e decidida, para min, ela é o pretexto para escribir este libro, que penso eu, nace da necesidade da homenaxe, de espantala norte facendo que a súa presenza (a da irmá) permaneza para sempre na nosa memoria.
Escrita con esa prosa fermosa e rica en verbas de Rivas, “As voces baixas” é, como di Rivas na contraportada “unha construcción de humor e dor”, que a min deixoume engaiolada.
FRIDA KAHLO (Parte III)
Debido a súa doenza na súa cama instalouse un cabalete que lle permitía pintar recostada e comezou a pintar o seu primeiro cadro, o retrato dunha amiga. Logo ao ter un espello preto puido verse a si mesma e pintar os seus autorretratos. Máis tarde diría: "Retrátome a min mesma porque paso moito tempo soa e porque son o motivo que mellor coñezo". Primeiro foi realista -retratos de amigos e familiares, flores-; despois, a causa da intensidade dos seus sentimentos e dun corpo esnaquizado, pintou máis e máis a súa propia imaxe combinada con expresións oníricas ás veces brutais. Non obstante a súa gran forza e enerxía por vivir permitíronlle unha importante recuperación. Tras esa recuperación, que lle devolveu a capacidade de camiñar, unha amiga íntima introduciuna nos ambientes artísticos de México onde atopaban, entre outros, a coñecida fotógrafa, artista e comunista Tina Modotti e Diego Rivera. A artista contraeu matrimonio con Rivera o 21 de agosto de 1929. A súa relación consistiu en amor, aventuras con outras persoas, vínculo creativo, odio e un divorcio en 1940 que soamente durou un ano.
Frida y Diego. 1931
Este retrato dobre foi realizado, posiblemente, tomando unha foto de vodas como modelo. A diferenza de tamaño entre os cónyugues, xa grande de seu, aparece exhorbitada no cadro. os delicados pés dela apenas tocan o chan. Frida Kahlo case parece flotar, mentres que Rivera está firmemente ancorado no chan cos seus enormes pés. Rivera está caracterizado como pintor, con paleta e pincel, a si mesma representouse como a esposa do xenial artista. O cadro foi regalado ao coleccionista Albert Bender como agradeciento por posibilitar o permiso de viaxe de Rivera aos Estados Unidos. A Rivera foille negado o visado nun principio debido á súa ideoloxía comunista.
No ano 1930 Frida estivo embarazada, pero debido as secuelas do accidente de 1925 e a posición do feto sofre un aborto terapéutico debido a opinión dos médicos de que non debería ter fillos. A pesar das aventuras de Diego con outras mulleres (que chegaron a incluír a propia irmá da pintora), axudou a Frida en moitos aspectos. El foi quen lle suxeriu a Frida que vestise co traxe tradicional mexicano consistente en longos vestidos de cores e xoiaría exótica. Isto, xunto á súa cara cejijunto, converteuse na súa imaxe de marca. El amaba a súa pintura e foi tamén o seu maior admirador. Frida, a cambio, foi a maior crítica de Diego e o amor da súa vida. A crecente reputación de Rivera nos Estados Unidos levounos entre 1931 e 1934 a pasar a maior parte do tempo en Nova York e Detroit, pois no ano 1932 encárganlle a Rivera uns muráis para un Museo de Detroit. Frida pinta na súa estancia nos Estados Unidos, aínda que cada vez é máis crítica coa forma de vida do país, algo que queda reflectido nas súas obras deses anos. En agosto de 1932 contempla un eclipse solar que incorpora as súas obras mediante o dualismo da noite e o día, converténdose nun elemento iconográfico presente en varias obras. En Detroit sufre outro aborto, feito que queda reflectido na obra “Aborto en Detroit”, feito nun estilo moi potente e inspirado nos pequenos cadros votivos da arte popular mexicana.
Hospital Henry Ford.1932. Esta obra foi esbozada durante a súa estancia de 13 días no hospital e realizada logo en óleo.Realizada sobre metal, trata como nos exvotos, da representación dunha desgraza.A figura de Frida, desvalida e pequena enriba dunha cama enorme,está rodeada de símbolos, para amosar o seu estado de ánimo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













