BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO
viernes, 16 de noviembre de 2012
EXPOSICIÓN DE JAVIER PENA
Na sala de exposicións do BBVA, na rúa García Barbón, expón as súas últimas series:"Deconstruccións" e "Construccións" o arquitecto e pintor Javier Pena. Na serie
"Deconstruccións",analiza o proceso da forma-icono a partir da acción invasora do fondo do que só sobreviven as estructuras máis resistentes. Así invírtese o proceso da pintura: é o fondo o que determina a forma.
En "Construccións" a outra serie que podemos contemplar na mostra,a última proposta do artista ata o momento, ponse en valor os refugallos procedentes do corte dos taboeiros, aos que transforma en materia pictórica. A madeira e así, mostrada coas súas texturas e sombras, sen manipulacións, nunha serie na que o espazo baleiro forma parte da estructura do cadro, abríndo ese espazo e configurando unha "ópera aperta", ao deixar ao espectador ver o que se atopa detrás do cadro.Obra metódica e de proceso disciplinado, nesta serie o artista xoga co aire, co baleiro e co cheo en obras de gran formato.
A mostra estará ata finais de novembro, non vola perdades.
Obra da serie DECONSTRUCCIÓNS
Obra da serie CONSTRUCCIÓNS
jueves, 15 de noviembre de 2012
ARTEMISIA GENTILESCHI (II)
Paréceme interesante comentar hoxe unha das obras da artista romana que mellor expresan o recoñecemento da súa feminidade no tratamento dun tema clásico do Barroco: “Susana e os vellos”, unha obra que como tantas outras de Artemisia, reflicten o carácter forte independente das súas heroínas, como no caso de Judit, Esther ou Cleopatra, mulleres as que a pintora da un tratamento especial.
En “Susana e os vellos”, Artemisia reflicte no tratamento do espazo a súa anguria ante o acoso dos homes que frecuentaban o obradoiro do seu pai. Na iconografía tradicional, Susana aparece como unha muller sabedora da súa beleza, retratada en xardíns ou perto do baño, sabendose espiada polos vellos, pero non existe anguria no seu rostro, senón un sorriso complacente ante a certeza da súa fermosura. Pero, Artemisia coloca a Susana, sen ningún tipo de adorno, sen xoias en nun lugar onde existe unha barreira arquitectónica. Susana, sentada e cun aceno de anguria se resiste ante as verbas lascivas dos vellos cun xesto de rexeitamento, mentre se elude o voyeurismo evidente noutras representacións de artistas tan importantes como Tintoretto ou Rembrandt.
Os homes achéganse perigosamente á rapaza, nunha forte composición piramidal, ante unha balaustrada, que se converte nun muro, como símbolo do desagrado de Susana ante a insistencia dos vellos. A pedra, corta horizontalmente o espazo, negando profundidade ao cadro e empurrando a rapaza ata diante. A luxuria dos vellos, collidos polos ombreiros, pechan a composición reforzando así a violencia non só sexual senon tamén psicolóxica á que se ve sometida muller. Estes dous homes representan a faciana máis brutal do poder, ninguén crerá á víctima, pero Artemisia, narra a súa resistencia. O aceno que un dos vellos fai a quen mire o cadro implica que forme parte do espazo pictórico, e implica tamén un contido moito máis turbador que transforma os convencionalismos da pintura do século XVII e dálle un novo sentido á representación da figura feminina.
Susana e os vellos (1610)
miércoles, 14 de noviembre de 2012
ARTEMISIA GENTILESCHI
Hoxe vou falar dunha das miñas artistas favoritas: Artemisia, unha das poucas mulleres da súa época que tivo acceso a unha formación en certo modo académica, pois aprendeu o oficio no obradoiro do seu pai Orazio dende moi nova. Foi unha pintora recoñecida polos seus contemporáneos, e firma en documentos da época como mestra de obradoiro. Crítica coa súa propia obra, independente e autosuficiente, consegue expresar a súa propia visión da vida, a partir dunha proposta artística persoal, pois pensa sempre en termos pictóricos. A súa figura, coñecida por aspectos alleos a práctica da arte, será reivindicada a partir dos anos noventa pola crítica feminista.
Pertencente nos primeiros anos ao círculo de pintores caravaggistas, evoluciona logo a partir dun virtuosismo que a achega ao ambiente florentino e a pintura clasicista boloñesa. Pero o máis salientable na obra desta artista, asemade dunha factura e un dominio da técnica admirables, é o tratamento do tema e o papel da muller na iconografía dos seus cadros.
A súa morte, deixou unha forte impronta na historia da pintura, con máis de 34 pinturas e cartas da súa autoría a importantes intelectuais da época. Foi a primeira muller en pintar escenas e motivos relixiosos e a primeira en ser admitida na Academia da Arte de Florencia. Artemisia foi unha grande artista do Barroco, que comenta nunha das súas cartas:”As miñas obras falarán por min”, o que expresa á perfección a súa condición de creadora.
Autorretrato en "Alegoría de la Pintura".
lunes, 12 de noviembre de 2012
XVII MARATÓN FOTOGRÁFICO CONCELLO DE VIGO
Desde o venres 9 de novembro temos expostas na CASA DAS ARTES en Vigo, as fotografías de quenes participaron no maratón durante os días 11 e 12 de agosto.
Os temas foron: Arquitectura nocturna, Fume, Refrescante e Cultura urbana.
Unha boa ocasión para ver distintas visións da nosa cidade.
Primeiro premio: Óscar Martínez Rodríguez
martes, 9 de octubre de 2012
Unha obra de Rothko agredida na Tate
Onte ocorreu algo terrible, unha das obras murais realizadas para a Torre Seagram no ano 1958, que por algunha razón aínda non aclarada Rothko rematou donando a Tate de londres, foi atacada e pintada por un home cun pincel nunha esquina.
http://www.finanzas.com/noticias-001/cultura/20121009/detenido-presunto-agresor-mural-1565523.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


