Existen
en toda a miña traxectoria como artista dous temas, quizais dous obsesións, que
se contrapoñen, mesturan e solapan: a árbore, que é o meu “alter ego” e o mar,
o mar coma paisaxe, en certo xeito desolado, onde a figura humana non ten
cabida. É como unha representación do invisíbel, nunha privación do suxeito
para deixar paso á emoción, nunha dialéctica do determinado e o indeterminado,
que aínda así, tórnase tanxible, pois latexa nas miñas pezas a rotundidade da
“Pintura-Pintura”.
A MONTAXE
As impresións que en min causa a paisaxe
“real”, son motivos que me sirven como base para construir a miña visión
plástica, a miña propia visión do mundo, que aparece en distintos soportes e
expresións artísticas: madeira, papel, libros de artista, caixas, gravado ou
lenzo.
É curioso, que nos meus comezos, o mar
estivera xa presente en pezas nas que habitaban seres mariños: peixes, barcos e
seres acuáticos, aínda que dun xeito moi esquemático e ao mesmo tempo táctil,
no emprego da madeira como soporte en polípticos que conformaban eses lugares
submariños, poboados por seres que flotaban nunha sorte de líquido amniótico,
na que as formas e as liñas expresaban o contido.
A SALA
Nos anos noventa o meu traballo está poboado
de pezas silandeiras, nas que non existen apenas elementos, tan só as pegadas
de algo que non está, pero que nos remiten –ao suxerir orde- a algo que sucedeu
nun pasado non moi remoto en referencia a “unha estética da ausencia”. Tamén a
comezos do ano 2000, existe unha poética da contemplación, baseada nunha mirada
insistente, onde a única liña do horizonte adopta distintas formas, nunha
mirada obcecada en pezas onde a paciencia e a reflexión dan como resultado
obras moi planificadas en canto aos materiais: tinta chinesa, papel de arroz,
cera, pigmentos, cordas e verníz, elementos que me acompañarán ao longo xa de
toda a miña traxectoria, e que aparecen tamén en series como “Il Mare”,
Paisaxes imaxinadas” ou “A Sima”.
A INAUGURACIÓN
De esquerda á dereita, o Director do Museo, Vicente Caramés, o Comisario da mostra Xosé Carlos López Bernárdez e o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo durante a presentación.
A maravillosa actuación de Miguel de Santiago.
Nestas pezas, abrénse un conxunto de fiestras
a paisaxes recónditos e imaxinados, na busca do esencial, en lugares onde o
aire paralízase e habita o silenzo, ou
en ocasións “Onde da a volta o aire”, nunha estética que achégase perto
dun certo Atlantismo, e que según Robert Rossemblum remite a unha corrente do
norte de Europa, moi religado ao Románticismo nórdico, coa que síntome moi
identificada, pois pinto e reelaboro non só o que vexo ante min, senon o que
vexo no meu interior. A natureza convértese así en metáfora, pois son paisaxes
inventadas ou soñadas, aínda que o real está sempre presente, pois é ao fin,
unha expresión da miña subxetividade.
A DESMONTAXE
Durante os meses que
estivo aberta a mostra foron moitas as persoas que achegáronse para visitala.
Moitas grazas a tod@s e sobre todo á dirección e quenes traballan no museo polo
seu apoio incondicional.
ALGUNHAS DAS VISITAS