MADRID
Nos anos
20 trasládase a Madrid becada pola Deputacion de Lugo e asiste a Academia de
Belas Artes de San Fernando, onde estudia ata o ano 1926, ademais de asistir ás
clases na Academia Libre de Julio Moisés. Será nesta academia onde ponse en
contacto con Dalí e outros membros da Residencia de Estudiantes e comeza a
relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena
española, algúns deles conformarían a Xeración do 27. Coñece á poetisa Concha
Méndez, que a introduce, xunto con Dalí, no círculo da Residencia de
Estudiantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e
en especial con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante
e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta.Da súa intensa
colaboración con Alberti ata 1931 están os decorados do drama "Santa Casilda" (1930) e testemuñas
nos libros "Yo era un tonto y lo que
he visto me ha hecho dos tontos" e en "Sermones y moradas". Neses anos –según Cyril Brian
Morris- Alberti parecía poñer en palabras o que expresaba co pincel Maruja
Mallo, e parece ser que adicoulle a ela, El
ángel falso de” Sobre los ángeles”.

Festa popular.1928
Trouleira e rachadora, participa en tertulias
e na Cofradía da Perdíz, para formar parte logo nos anos 1927 -1928 da
denominada Primeira Escuela de Vallecas, xunto a Alberto Sánchez, Benjamín
Palencia e Luis Castellanos.
Neste anos traballa na serie VERBENAS e ESTAMPAS POPULARES, e realiza a súa
primeira individual. Son obras cunha temática que nos remite a modernidade, con
toreros e manolas, festas populares. As Verbenas eran una combinación de
elementos festivos e burlescos e escarnio dos poderosos.Realiza a súa primeira
individual na sala da Revista de Occidente, na primavera de 1928 (primeira e
única exposición que realizou esta revista), nos que exhibe dez óleos que
representan poblados cheos de sol, toreiros e manolas, estampas coloreadas de
maquinarias, deportes con mujeres atléticas e cine.
A muller da cabra.1929
No hay comentarios:
Publicar un comentario