BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 10 de abril de 2013

HANNAH HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte V)



                                     Abduction.1925
 
 Hannah emprendeu unha larga viaxe a pé a Roma para liberarse da súa relación con Raoul Hausmann. Tras a viaxe pintou Roma (1925), que representa á actriz Asta Nielsen rexeitando a Mussolini, que simbolizaba o patriarcado.
  En 1926, en Holanda, coñece á escritora Til Brugman, da que se namorará e coa que vivirá un romance de nove anos. Será neses anos e na década dos trinta, cando escomeza a expoñer individualmente e realiza fotomontaxes dunha modernidade sorprendente, non só na forma senon tamén con respecto ao seu contido, pois a androxinia e a confusión de sexos están presentes en varias das súas obras.
 
                                            Love. 1926
 
 En 1933, ano do ascenso de Hitler ao poder, sofre unha hiperfunción do tiroides e, aínda que a operan con bos resultados, pasará un ano debaténdose entre a vida e a morte. Durante a contenda, permaneceu en Alemaña vendo como o resto dos seus amigos dadaístas partían ao exilio ante a persecución nazi. Os anos da guerra son especialmente duros, pois se verá hostigada polos nazis e verá como o seu nome aparece citado como exemplo de artista bolxevique.
 
                                       Fotomontaxe. 1955
 
 Tras romper con Brugman coñece ao pianista Kurt Matthies, con quen casará e con quen vivirá ata o ano 1942. Ao terminar a contenda renova os contactos co mundo da arte, expondo en modestas mostras de barrio. Interésase polos adiantos da técnica e segue recortando imaxes de revistas e xornais cos que compón obras de tipo orgánico ou semi-abstractas de gran forza visual. A pesar dos seus problemas na vista, continúa as súas fotomontajes, nos que a imaxe da muller aparece tratada de forma irónica e burlona.
É en 1953 cando lle chega o recoñecemento, ao adquirir o MOMA tres obras súas. Despois virán numerosas retrospectivas nos museos máis importantes, como a gran retrospectiva que no ano 1976, fíxolle o Museo de Arte Moderno da Villa de París. A súa vida apagarase en 1978, tras sesenta anos de actividade artística.
 
                                         Grotesque. 1963
 
 
 
 

1 comentario: