O pasado 27 de febreiro, unha representación
do alumnado de Pintura da EMAO,
fixo unha visita guiada polo Director da
Fundación Laxeiro, Javier Buján, á exposición que atópase na sede da fundación “MESA DE TRABAJO Ensamblaje y collage en Galicia”.
Esta mostra, II Edición de Panorama, que
amosa o traballo de artistas galegos con propostas coincidentes, tanto formais,
como procesuais ou discursivas, céntrase neste ano en artistas que traballan co ensamblaxe e o collage, e que chegan a resultados
diferentes tanto no emprego de materiais como de linguaxe. A exposición adoita
reflexionar sobre distintos aspectos da contemporaneidade: o emprego de
materiais de refugallo ou cotiás, como
resposta a situación actual de crise económica e ideolóxica; a expresión
dunha estética desnuda, que deixa á vista os materiais nos que as cicatrices do
seu pasado están tamén presentes e a mixtura de elementos heteroxéneos que
provoca unha lectura transversal das pezas, o que implica unha inertextualidade
tanto por parte do artista como por parte do espectador cando contempla a obra.
Ante a peza de Pablo Orza.
Os quince creadores que participan na mostra,
entre os que atópanse Rosa Úbeda, cunha obra de carácter narrativa que indaga
nas relación entre os xéneros; Tono Carbajo que móvese en obras que oscilan
entre as dúas e as tres dimensións; Luis
Bueno, que racha a bidimensionalidade da pintura clásica introducindo na súa
obra as tres dimensións características da escultura; Misha Bies Golas, cunha
peza en relación co collage e o poema
obxecto onde a ironía está moi presente; María Chenut, Pablo Orza e Rosendo Cid,
entre outros, conforman esta “Mesa de Traballo”, con pezas que invitan á reflexión
acerca do discurso de cada artista en lecturas diferentes segundo o itinerario
que escolla quen se achegue á mostra.
Javier Buján, explicando unha das pezas.
O alumnado e o director, ante a obra de Luis Bueno
Aquí va el enlace, a mis fotos.
ResponderEliminarhttp://littlewingvintage.blogspot.com.es/2013/02/exposicion-ensamble-y-collage-en-galicia.html