BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de marzo de 2013

HANNAN HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte II)


 En 1915 pode regresar a Berlín para seguir estudando. Nese mesmo ano coñece a Hausmann, co que vivirá unha tormentosa relación sentimental que durará case sete anos. Durante todo este tempo, Hannah compaxina os seus estudos artísticos co seu traballo na editorial Ullstein, para a que realiza bordados e deseños para vestidos e pasamanería.

 

                                                                     DaDandy.1919


Da man de Hausmann entrará en contacto co círculo dadaísta, que fora impulsado, en 1918, por Richard Huelsenbeck, membro fundador de Dadá en Suíza, e que, ao seu regreso a Berlín, atopará un chan moi fértil para sementar o movemento. Pronto comezaron as veladas artísticas e as matinés, que atoparon  un público proclive a utilizar todas e cada unha das provocativas protestas do dadaísmo.

De feito serán Haussman e Hannah, os que tras unha viaxe a Gribow no mar Báltico, ao ver unhas postais populares con imaxes de soldados, as manipularon dun xeito humorístico o quedará paso ao fotomontaxe como medio de expresión, que será moi empregado por moitos artistas dadaístas e surrealistas. Hannah, participa no  ano 1919, na Antisinfonía de Golyscheff  actuando como percusionista, e expuso na “Primeira Feria Internacional Dadá” na Galería do Dr. Burchard en Berlín, en 1920, na que un maniquí vestido  de soldado colgaba do teito. Para esta exposición Hannah fixo  unhas bonecas dadá e unha escultura, hoxe en día perdida, con teas, arame, anacos de madeira e unha pluma. Unha das súas preocupacións nese momento, era a presentación dunha “nova muller” na república de Weimar, e a denuncia da sociedade machista e misóxina, nun grupo onde ela era a única muller.
 

                                                        Imaginary Bride. 1926
 

1 comentario: