BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 6 de marzo de 2013

FUNDACIÓN LAXEIRO. Mostra "Mesa de Trabajo"


 O pasado 27 de febreiro, unha representación do  alumnado de Pintura da EMAO, fixo  unha visita guiada polo Director da Fundación Laxeiro, Javier Buján, á exposición que atópase na sede da fundación “MESA DE TRABAJO Ensamblaje y collage en Galicia”. Esta mostra, II Edición de  Panorama, que amosa o traballo de artistas galegos con propostas coincidentes, tanto formais, como procesuais ou discursivas, céntrase neste ano en artistas que  traballan co ensamblaxe e o collage, e que chegan a resultados diferentes tanto no emprego de materiais como de linguaxe. A exposición adoita reflexionar sobre distintos aspectos da contemporaneidade: o emprego de materiais de refugallo ou cotiás, como  resposta a situación actual de crise económica e ideolóxica; a expresión dunha estética desnuda, que deixa á vista os materiais nos que as cicatrices do seu pasado están tamén presentes e a mixtura de elementos heteroxéneos que provoca unha lectura transversal das pezas, o que implica unha inertextualidade tanto por parte do artista como por parte do espectador cando contempla a obra.
 

                                                          Ante a peza de Pablo Orza.

 Os quince creadores que participan na mostra, entre os que atópanse Rosa Úbeda, cunha obra de carácter narrativa que indaga nas relación entre os xéneros; Tono Carbajo que móvese en obras que oscilan entre as dúas e as  tres dimensións; Luis Bueno, que racha a bidimensionalidade da pintura clásica introducindo na súa obra as tres dimensións características da escultura; Misha Bies Golas, cunha peza en relación co collage e o poema obxecto onde a ironía está moi presente; María Chenut, Pablo Orza e Rosendo Cid, entre outros, conforman esta “Mesa de Traballo”, con pezas que invitan á reflexión acerca do discurso de cada artista en lecturas diferentes segundo o itinerario que escolla quen se achegue á mostra.
 
 
Javier Buján, explicando unha  das pezas.
 
 
O alumnado e o director, ante a obra de Luis Bueno
 
 
 

1 comentario:

  1. Aquí va el enlace, a mis fotos.

    http://littlewingvintage.blogspot.com.es/2013/02/exposicion-ensamble-y-collage-en-galicia.html

    ResponderEliminar