BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 2 de marzo de 2013

CLARA PEETERS (Parte IV)


 
Bodegón con flores.1615
 

 No National Museum of Women in the Arts de Washington atópase a súa obra "Bodegón con peixe e gato". Clara Peeters ten unha especial importancia neste museo, xa que os seus fundadores, Wilhelmina Cole e Wallace F. Holladay, coleccionistas de arte, sentiron o impulso de fomentar a conservación e difusión de obras de artistas mulleres cando quedaron impresionados por unha obra de Clara Peeters situada nunha galería de Viena e uns días máis tarde por outra situada no Museo do Prado. Wilhelmina, quedou abraida ao  comprobar, cando tentou acadar máis datos sobre a artista, que os historiadores da arte non a mencionaban, así como a outras moitas artistas, polo que decidiu en coleccionar e redescubrir a arte das mulleres. O cadro “Natureza Morta con Peixe e Gato” foi adquirido por ela e o seu home e doado ao National Museum of Women in the Art. A base de datos deste museo tamén se chama Clara, en honra a esta pintora.

 
 
Bodegón con ovos e langosta.1617
 
 
 
 
 
 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario