BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 29 de marzo de 2013

TRABALLOS EN PASTEL. Grupo de INICIACIÓN



Algúns dos traballos realizados por parte do alumnado de iniciación da EMAO, coa técnica do pastel.


Se os primeiros traballos do curso consistían nunha copia do natural de distintos bodegóns colocados na aula, estes pasteis diferencianse dos anteriores traballos porque están baseados nun longo proceso de reflexión e de busca, así como de diversos bocetos preparatorios.



 Trátase dun proceso apropiacionista da obra do artista Giorgio Morandi, pois a partir do estudio da súa obra e sobre todo dos seus bodegóns, o alumnado realizó un traballo que tentaba inspirarse no estilo e sobre todo na estética do pintor italiano.


 
Os obxectos a representar, foron escollidos polo alumnado entre unha morea de obxectos pintados anteriormente por Morandi, dándolles o seu propio selo, pero respectando o espírito do artista.
 
 
 
A gama coa que se traballou foi moi reducida, e a colocación dos obxectos así como a mesa e a parede, tenta recoller o estilo morandiano, pois colocaba a estes obxectos cotiás nun raro equilibrio, confundindo sombras e obxectos, polo que estes bodegóns de Morandi, son inconfundibles. 

1 comentario:

  1. O descubremento dos bodegóns Morandianos foi un acontecemento na aula.
    Con Morandi non se pintan bodegóns convencionais,son elementos xeométricos ocupando un espazo.

    ResponderEliminar