BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 5 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte III)

Debido a súa doenza na súa cama instalouse un cabalete que lle permitía pintar recostada e comezou a pintar o seu primeiro cadro, o retrato dunha amiga. Logo ao ter un espello preto puido verse a si mesma e pintar os seus autorretratos. Máis tarde diría: "Retrátome a min mesma porque paso moito tempo soa e porque son o motivo que mellor coñezo". Primeiro foi realista -retratos de amigos e familiares, flores-; despois, a causa da intensidade dos seus sentimentos e dun corpo esnaquizado, pintou máis e máis a súa propia imaxe combinada con expresións oníricas ás veces brutais. Non obstante a súa gran forza e enerxía por vivir permitíronlle unha importante recuperación. Tras esa recuperación, que lle devolveu a capacidade de camiñar, unha amiga íntima introduciuna nos ambientes artísticos de México onde atopaban, entre outros, a coñecida fotógrafa, artista e comunista Tina Modotti e Diego Rivera. A artista contraeu matrimonio con Rivera o 21 de agosto de 1929. A súa relación consistiu en amor, aventuras con outras persoas, vínculo creativo, odio e un divorcio en 1940 que soamente durou un ano.
Frida y Diego. 1931 Este retrato dobre foi realizado, posiblemente, tomando unha foto de vodas como modelo. A diferenza de tamaño entre os cónyugues, xa grande de seu, aparece exhorbitada no cadro. os delicados pés dela apenas tocan o chan. Frida Kahlo case parece flotar, mentres que Rivera está firmemente ancorado no chan cos seus enormes pés. Rivera está caracterizado como pintor, con paleta e pincel, a si mesma representouse como a esposa do xenial artista. O cadro foi regalado ao coleccionista Albert Bender como agradeciento por posibilitar o permiso de viaxe de Rivera aos Estados Unidos. A Rivera foille negado o visado nun principio debido á súa ideoloxía comunista. No ano 1930 Frida estivo embarazada, pero debido as secuelas do accidente de 1925 e a posición do feto sofre un aborto terapéutico debido a opinión dos médicos de que non debería ter fillos. A pesar das aventuras de Diego con outras mulleres (que chegaron a incluír a propia irmá da pintora), axudou a Frida en moitos aspectos. El foi quen lle suxeriu a Frida que vestise co traxe tradicional mexicano consistente en longos vestidos de cores e xoiaría exótica. Isto, xunto á súa cara cejijunto, converteuse na súa imaxe de marca. El amaba a súa pintura e foi tamén o seu maior admirador. Frida, a cambio, foi a maior crítica de Diego e o amor da súa vida. A crecente reputación de Rivera nos Estados Unidos levounos entre 1931 e 1934 a pasar a maior parte do tempo en Nova York e Detroit, pois no ano 1932 encárganlle a Rivera uns muráis para un Museo de Detroit. Frida pinta na súa estancia nos Estados Unidos, aínda que cada vez é máis crítica coa forma de vida do país, algo que queda reflectido nas súas obras deses anos. En agosto de 1932 contempla un eclipse solar que incorpora as súas obras mediante o dualismo da noite e o día, converténdose nun elemento iconográfico presente en varias obras. En Detroit sufre outro aborto, feito que queda reflectido na obra “Aborto en Detroit”, feito nun estilo moi potente e inspirado nos pequenos cadros votivos da arte popular mexicana.
Hospital Henry Ford.1932. Esta obra foi esbozada durante a súa estancia de 13 días no hospital e realizada logo en óleo.Realizada sobre metal, trata como nos exvotos, da representación dunha desgraza.A figura de Frida, desvalida e pequena enriba dunha cama enorme,está rodeada de símbolos, para amosar o seu estado de ánimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario