BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 6 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte IV)

Autorretrato con colar. 1933 En Detroit consegue superar a tristeza polo aborto e mirar de novo a vida. Nesta autorrepresentación leva posto un colar de perlas de jade precolombinas. Aparece fresca e fermosa e mostra nuevamente unha gran seguridade en si mesma, como nos Autorretratos de 1929 e 1930. O cadro foi adquirido polo actor americano Edward G. Robinson.

Diego no meu pensamento. 1933 O retrato de Rivera na súa fronte expón o amor obsesivo de Frida Kahlo polo seu marido: el está continuamente no seu pensamento. Está vestida cun traxe de Tehuana, que tanto gustava a Rivera. O traxe procede dunha rexión do suroeste de México na que aínda hoxe se conservan as tradicións matriarcales e cuxas estruturas económicas revelan o dominio da muller. As raíces das follas que adornan o seu tocado recordan unha telaraña coa que intenta cazar á súa presa, Diego.

 A partir do ano 1935, Frida realiza diversos viaxes aos Estados Unidos, tanto na compaña do seu home como soa, debido a mala relación entre a parella. Entre 1937 e 1939 o revolucionario ucraíno León Trotsky viviu exiliado na súa casa de Coyoacán xunto á súa muller. Alí terá un romance co líder comunista para, tras o seu asasinato a mans do membro da NKVD estalinista Ramón Mercader, no ano 1940, ser acusada como autora deste. Isto levouna a estar arrestada pero finalmente foi deixada en liberdade. En 1938, os Rivera foron anfitrións tamén de André Breton e Jacqueline Lamba. Breton tamén simpatizaba coas ideas políticas de Trotsky e viaxara a México para coñecelo. Cando Breton viu as pinturas de Frida quedou abraiado.

Autorretrato com changuito.1938 Na mitología mexicana, o mono é o patrón da danza, pero tamén un símbolo de lascivia. A artista representou ao animal de tal forma, que se converte no único ser realmente vivo, cariñoso e animado, que, protector, enlaza co seu brazo á pintora. O cadro foi encargado por A. Conger Goodyear, o entón presidente do Museum of Modern Art of New York, logo de asistir a unha exposición da artista na galería de Julien Levy, en outubro de 1938. En realidade quería comprar o cadro Fulang Chang e eu, pero xa fora comprado por Mary Schapiro Sklar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario