BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 9 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte VI)

No ano 1939, tras unha serie de infidelidades, (o asunto máis doloroso para Frida é a relación entre Diego e a súa irmá Cristina) se divorcian. Frida regresou temporalmente a súa casa de Coyoacán. Entrando nun período de ánimo depresivo no que a artista consume excesivamente alcohol como maneira de aliviar o seu sufrimento físico e psíquico, unha das súas obras máis importantes deste período é “As dúas Fridas”.
As duas Fridas. 1939. Pouco despois do seu divorcio con Diego Rivera, Frida Kahlo rematou un autorretrato constituído de dúas personalidades: As Dúas Fridas. Con este cadro, asimila a crise marital, a través da separación entre a Frida en traxe de tehuana, o favorito de Diego, e a outra Frida, de raíces europeas, a que existiu antes do seu encontro con el. Os corazóns das dúas mulleres están conectados un ao outro por unha vea, a parte europea rexeitada de Frida Kahlo ameaza con perder todo o seu sangue. O espazo, case valeiro, agás o ceo tormentoso, explica o tormento da artista, que mira cara o espectador. Esta obra estivo exposta nunha edición da feria ARCO tras uns cristais, para que non fora dañada polo numeroso público que se achegaba á obra.
Autorretrato co cabelo cortado.1940. En lugar dunha ropaxe feminina como na maioría dos autorretratos, Frida Kahlo represéntase aquí vestida cun amplo traxe masculino escuro. Acaba de cortarse os seus longos cabelos cunhas tijeras. O verso dunha canción de moda mexicana no bordo superior do cadro infórmanos sobre a razón do feito: “Mira que si che quixen, foi polo pelo, Agora que estas pelona, xa non che quero”. Na obra, Frida fala case en broma da canción mexicana de moda que fíxose popular a principio dos anos corenta, e representa a nova vida da artista, co acto simbólico de cortarse o seu cabelo. A artista, que como na canción sentíase amada grazas a súa longa cabeleira, como atributo feminino, decide desfacerse de todos eses atributos (ropa e cabeleira) para afastarse da imaxe feminina que esperábase dela, nun acto de rebeldía e independencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario