BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 7 de enero de 2014

DÚAS PINTORAS NA REVOLUCIÓN FRANCESA (Parte VIII)


 Adelaide Labille-Guiard tivo diversas alumnas, e de feito nun dos seus autorretratos, aparece retratada con dúas: Marie Capet e Carreaux de Rosemond. Quizais pola súa ascendencia pois non estaba destinada á pintura deixovos aquí as obras de: MARIE GABRIELLE CAPET


Autorretrato.1783
 

 Marie- Gabrielle Capet era filla dun servo. En 1781, a idade de vinte anos, foi a París para estudar pintura baixo a dirección de Adelaida Labille-Guiard. A moza aínda é descoñecida cando as súas primeiras pinturas e debuxos son expostos no Salón da Xuventude no ano 1781. Dous anos despois, o seu dominio da pintura ao óleo permítelle presentar os seus primeiros autorretratos dos anos 1783 e 1784. No ano 1785, envía dous retratos de oficiais ao “Salón de la Correspondance”, con tal éxito que en 1786 unha das súas carpetas é aceptada, debido quizaís a que era alumna de Labille-Guiard.
 
Retrato de Chenier.
 
 
Retrato de Mme. Germain
 
 Tivo entre outros clientes a varios membros da familia real e fixo tamén un retrato de Adelaide Labille-Guiard. Traballou na técnica do óleo e tamén do pastel. Pintou a súa última obra en óleo, o Retrato de Madame Demetz en 1815, logo abandonou a pintura e morreu en 1818 en París. Foi enterrada no cemiterio Père-Lachaise, en París.
 
Obradoiro de Mme. Vincent. 1808
 

 

 
 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario