BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 22 de enero de 2014

DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios

 

FOTOS DA MONTAXE
 
 
 A exposición pretende amosar a cidadanía o traballo da aula de Pintura da EMAO, nunha profonda reflexión sobre o traballo de investigación, que sobre a forma e a cor realiza desde o primeiro curso o alumnado de Pintura. O título DA MIMESE Á CREACIÓN,  tenta reflictir moi ben o proceso que segue o alumnado no aprendizaxe da materia, pois na exposición aparecen desde os primeiros traballos de copia do natural, coa técnica do pastel e a acuarela, ata os traballos en técnicas mixtas e óleo, no que a expresividade está moi presente e a creación a partir do estudio e a  investigación, son moi importantes.




 
 A mostra, segue as distintas liñas de investigación, a partir non só das obras, senon de vídeos e fotografías que explican o proceso, (aparecen tamén libros de artista  e libretas de bocetos en caixas e peanas) pois este implica a evolución estilística de cada alumno e alumna, xa que cada un deles fai unha obra persoal, sobre todo a partir do segundo curso. Por este motivo é moi importante na mostra a presencia do PROCESO a seguir nas distintas clases, a partir da mímesis no primeiro ano coa copia do natural ata a creación individual a través da experimentación.

 Este PROCESO, como parte dun traballo tanto manual como intelectual, incide na importancia do aprendizaxe a partir dun método participativo, no que o alumnado vai xerando o seu propio espazo de traballo, e no que estarían implicados tanto o profesorado como os medios que ofrece a escola: biblioteca, blog e todo tipo de actividades  levadas a cabo tanto dentro do espazo da EMAO como fóra, coa participación do alumnado en concursos ou as visitas guiadas realizadas a distintos espazos expositivos (museos, salas e obradoiros de artistas). 

 

 A idea de propoñer un tema tan amplo para a mostra, ven dado pola necesidade de empregar distintas técnicas pictóricas, así como outras expresións artísticas como as instalacións ou a fotográfia, polo que na mostra aparecen:
-Pastel, acuarela, óleo e acrílico.
-Técnicas mixtas, collages fotográficos.
-Distintos soportes, como metacrilato, cristais ou soportes dixitais.
 Estes son exemplos de desenvolvemento en canto ao traballo na aula, tanto deste curso como do curso precedente, e cada un deles estaría en relación co que faise en cada aula en cada curso, o que aparece especificado na mostra, na que tamén expóñense fotos do proceso e bocetos preparatorios.

 
 
A mostra reflicte o traballo realizado polo alumnado de pintura durante todo o curso e deste xeito, sirve para salientar ante a cidadanía a importancia da Escola de Artes e Oficios, o que  a coloca como referente en relación a traballos pictóricos  desde unha perspectiva contemporánea, que afasten ao público da idea de que a escola é algo caduca e anticuada.

 E tamén moi interesante a realización dun vídeo, que aparece nunha gran pantalla na mostra, e na que  o alumnado  fala tanto das obras que están a facer, así como da súa implicación coa escola, mentres na pantalla vense obras realizadas durante os tres cursos.

 

 Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) 2014
Lugar: Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro
Datas: do 24 de xaneiro ao 14 de marzo de 2014 / Inauguración 24 de xaneiro ás 19:00 horas
Horario de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas
Coordinación da exposición: Paula Mariño Pazó, mestra de Pintura da EMAO

 
 

 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario