BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 19 de enero de 2014

ANA MENDIETA (Parte I)




“Mi arte se basa en la creencia de una energía universal que corre a través de todas las cosas [...]. Mis obras son las venas de la irrigación de ese fluido universal. A través de ellas asciende la savia ancestral, las creencias originales, la acumulación primordial, los pensamientos inconscientes que animan el mundo. No existe un pasado original que se deba redimir: existe el vacío, la orfandad, la tierra sin bautizo de los inicios, el tiempo que nos observa desde el interior de la tierra. Existe por encima de todo, la búsqueda del origen…”
 A arte contemporánea desde mediados do século XX, conta con novas formas de expresión, como a performance. A utilización do corpo como medio de expresión, de análise, ou ata de procura de novas identidades será algo recurrente nos artistas actuais, e neste campo destaca sobre todo Ana Mendieta.

 
 Nacida na Habana no ano 1948, vive a meirande parte da súa vida en EEUU, amosando desde os seus comezos interese polo símbolos políticos. Estudia Belas Artes en Iowa, graduándose en Pintura, e entre os anos 1972 e 1985, realiza películas en super-8 e vídeos, performances, grabados, esculturas e debuxos, onde amósanos a súa preocupación sobre temas como a trangresión social e o  tabú.
 Ana Mendieta e a súa irmá Raquel subíronse a un avión o 11 de setembro de 1961 xunto a outros nenos cubanos como parte do que se chamou a Operación Peter Pan cun destino: Estados Unidos. As irmás Mendieta foron mandadas a Iowa, cando Ana contaba con 12 anos, e viviron en orfanatos, correccionales para mozos e casas de adopción. En Iowa por primeira vez Ana Mendieta foi consciente de ser unha persoa de cor, e tivo que cambiar a percepción racial de si mesma e aprendeu a vivir da caridade. As irmás sufriron do racismo típico dunha sociedade non afeita a ter preto persoas de diferentes. Foron chamadas negras, putas e chegábanlles anónimos que dicían “volve a Cuba”. Todas estas experiencias fixeron que Ana Mendieta sempre se cualificase a si mesma como unha artista e muller de cor, ou como unha artista non branca. De feito, Mendieta traballa desde unha perspectiva cultural distinta, a dunha cubana desprazada vivindo en EEUU, que posúe unhas raigames artísticas baseadas no feminismo e as tendencias antimercantilistas da obra en proceso, a performance e os traballos coa terra.


 
 
 Os seus impulsos creativos e os novos plans de estudo en Multimedia fixeron que a autora se decantase pola especulación da nova arte representativa, por iso as súas primeiras obras de 1972 a 1975 foron de enfoque feminista, de provocación e preocupación pola muller, a violencia e a defensa de novas estruturas sociais. Este selo de muller e a necesidade de Mendieta de expresarse e defender a quen ocupan as marxes da sociedade son características das súas obras até o momento do seu falecemento. Mendieta, creou e documentou procesos rituais de transformación e tamén de disolución e destrucción da identidade sexual, étnica e cultural.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario