BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 30 de junio de 2015

O FEO. Mostra de Fin de Curso da Escola de Artes e Oficios de Vigo

 Dentro dos programas culturais que ao longo do ano realiza a Escola de Artes e Oficios de Vigo, atópase a exposición de fin de curso, que este ano desenvolve unha proposta, denominada “O FEO”, que abrangue diversos obradoiros e, entre eles, está o de Pintura.

 A proposta de Pintura, titulada “O museo das vaidades”, que foi desenvolvida polo grupo de Perfeccionamento II, traballou coa estética Kitsch.


 O Kitsch está considerado coma unha proposta estética falta de estilo e coma unha arte para o consumo, pois emprega formas do pasado histórico e propostas aceptadas e consumidas xa pola modernidade. Ao mesmo tempo, pode considerarse tamén como unha PARODIA, ou ben como o sacrifio cunha vida estética convertida visualmente en pantomima. Segundo Adorno, o Kitsch é unha parodia da catarse e tamén da conciencia estética.
 En realidade o Kitsch é unha apropiación de imaxes dun xeito irónico en pezas que aparenta unha riqueza que non existe, a base do emprego de elementos de luxo e de dourados e obxectos en prata.  Na actualidade este tipo de propostas deixan de verse como concepto antagónico con respecto á “arte” e están totalmente aceptadas, integrándose nas pezas de moitos autores e autoras en base a unha antiestética que pon en dúbida o “bo gusto”.
 A proposta do alumnado de pintura baséase no apropiacionismo de obras de arte moi recoñecidas da historia da arte, reinterpretadas segundo esta estética KITSCH, na que aparecen obxectos ou cores que non están na obra orixinal, e que lle dan ás pezas unha nova reinterpretación en clave de parodia ou pantomima. Entre os cadros revisitados polo alumnado atopamos: 
Os bébedos e As meninas de Velázquez, un Bodegón de Sánchez Cotán, Arranxo en gris e negro número 1, (máis coñecido como O retrato da súa nai) de Whistler, A rapaza da perla de Vermeer de Delft, O cabaleiro da man no peito de El Greco, A condesa de Chinchón de Goya, O nacemento da primevaira de Boticelli, Retrato de Gertrude Stein, de Picasso, O matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck e un fragmento da Capela Sixtina (en concreto a creación do home) de Miguel Anxo.










 As pezas de pequeno formato conforman un POLÍPTICO, no que a técnica mixta comparte espazo co collage e os materiais extrapictóricos.

Traballando na aula









A montaxe


Rosa García, profesora de escultura e tamén comisaria da mostra


Eu, medindo o cadrado rosa


Claudio, alumno de perfeccionamento I botando unha man


Claudio colocando a última peza

Inauguración


Manuel Pérez e Carmen Fernández, que actuaron para nós con dúas pezas


Presentando a mostra


Carmen e a segunda canción, Manuel á guitarra


Mirando o vídeo que amosa os traballos e o proceso


Eli e o Gael


Rosa entre o público


O público na mostra ante os traballos de Pintura e Debuxo




No hay comentarios:

Publicar un comentario