BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 21 de julio de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte III)

Nos ANOS CINCOENTA,  a súa obra está chea de cores vivos e liñas negras que bordean as figuras.

CARACTERÍSTICAS:
-Raíces matissianas con liñas que suliñan o volume.
-Formas volumétricas de raigame picassiana, que van deixando paso ao finalizar a década a autonomía da cor e a liña.



O vello e o paxaro. Óleo sobre lenzo. 1959


Nú. Óleo sobre lenzo.1950

 A MULLER.  A homenaxe á figura feminina e a reivindicación da súa rol tanto no campo laboral como familiar “Mariscadoras” (1964) é unha constante na obra do artista. A muller sentada é un motivo habitualmente visto nas construcións románicas de Galicia e ao cal o artista recorreu continuamente reelaborándolo, en pezas como “Muller sentada” (1976). Unha MATER GALLAECIAE, como motivo central do universo popular e histórico galego, que  fala dunha época matriarcal.
 Nos anos 50, debido a influencia da súa viaxe a Europa, haberá un cambio desde o punto de vista formal. A cor e a liña serán elementos autónomos, será a cor, quen aplicada en grandes planos vivos e intensos modele os volumes, mentres os trazos independentes de pintura negra estructuran a composición. Abandonou a paleta de terras e grises, por considerar a cor como elemento plástico autónomo, decantándose polo emprego de tintes saturados. Isto é debido a que perpetúase no artista a necesidade da fixación dun modelo de arte galega, que están moi presente nas cartas que este enviáballe a Maside nos anos cincuenta, consciente da necesidade de atopar novos vieiros na arte galega, non allea “aos movementos artísticos universais” a partir sobre todo da busca dos valores da pintura, de solución formais, sobre todo a partir da expresividade e da cor. Será nese sentido, na busca dos valores PUROS DA PINTURA, cando Seoane deixe a un lado o arraigo ao mundo referencial galego de sustrato romántico, para supéralo e  investigar e achar a actualidade na pintura galega.  Aínda así nestes anos 50,  as súas pezas presentan figuras firmes e robustas, de forte estatismo e monumentalidade.


O gaiteiro. Óleo sobre lenzo. 1950


Mozo. Óleo sobre lenzo. 1952


Muller con canasta. Óleo sobre lenzo. 1952

 Outro dos temas recurrentes na obra de Seoane é: A PAISAXE, que desde os anos 40 ata os 70, aparece como un campo de experimentación.
-Anos corenta a cincuenta: escenas urbanas e laborais moi constructivas, tensados por unha rede de liñas xeométricas.
-Nos anos 50, as realizadas  en terras de Neuquén, paisaxe deserta, estraña e grandiosa, cunha cor que o impacta, e que axúdalle a comezar un camino innovador en relación tamen ao seu traballo como deseñador gráfico (CINZANO E COÑAC OTARD-DUPUY) e muralista.


 Paisaxe da precordillera arxentina. Óleo. 1951


Paisaxe con burro (Chos Malal) Óleo. 1951

 As paisaxes que ata o momento representara nas súas composicións servían como fondo, pero nunca foran protagonistas por si mesmas. Agora, as vistas toman o protagonismo e as figuras pasan a un segundo plano ou desaparecen totalmente. O autor descubriría o poder e a enerxía da natureza e volverá retomar o xénero na década dos anos 70 cunhas paisaxes prácticamente abstractos. Nos anos 60 e 70, combina o cosmopolita e o local.


Horta e galiñas. Óleo. 1953

  A referencia fundamental da súa obra é Galicia, o seu obxectivo artístico pretendía que as súas creacións tivesen unha función social que contribuísen ao progreso da sociedade e para iso elixe temáticas na que os campesiños ou as mulleres como símbolo de nai patria son os protagonistas e un medio para dar a coñecer a historia galega e as situacións límites ás que se ve sometida a súa poboación durante a emigración ou o exilio. A obra Horta e galiñas, representa un esquemático paisaxe dun horto con árbores entre os que pasean animais de curral. A linguaxe plástica de Seoane destaca pola síntese en canto ás formas, ao contido e á composición en xeral, utilizando neste caso, unha paleta de cor baseada en tons pastel, con predominio dos azuis, rosáceos, ocres e verdes. O trazo é rápido, espontáneo e as figuras perfílanse por grosas liñas negras, trazo característico do autor na súa primeira etapa. A data de execución desta obra está relaciónase cun período de inflexión na traxectoria do artista, tanto na súa produción de óleos como gráfica e no seu interese polo muralismo.
 Neste mural "As carretas" (1956)combina mateirais: cerámicas e resinas sintéticas.



As carretas. Mural.1956






SEOANE. ANOS 50 on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario