BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 22 de junio de 2015

MOSTRA ARTE E SOLIDARIDADE

 O Proxecto Home, co galo do seu 25 aniversario  ven de realizar diversas mostras que percorrerán seis cidades galegas ao longo do ano para conmemorar este aniversario. Pero a diferenza de edicións anteriores, esta vez non será a mesma mostra a que realice o percorrido, senón que en cada lugar serán os artistas desa área os que aporten as súas obras en favor desta iniciativa.
 Nestas mostras pódense ver traballos tanto de pintura, escultura e fotografía, así como tamén hai un guiño ás novas tecnoloxías cun vídeo conmemorativo do 25 aniversario. Entre os artistas atópanse tanto aqueles dunha dilatada traxectoria profesional como outros noveles, ata sumar un total de 104. As mostras comisariadas por Antón Sobral, veñen de realizar unha acción solidaria coa donación do setenta por cento das vendas e nalgúns casos do cen por cen.
 Na mostra realizada en Vigo en Afundación, comisariada por Antón Pulido e quen isto vos conta (que tamén aportamos unha peza), as obras expostas están á venda coma se tratase dunha galería de arte e entre @s artistas atopamos entre outr@s a: Menchu Lamas, Antón Patiño, Francisco Leiro, Silverio Rivas, Enrique Velasco, Antón Sobral, Tino Canicoba, Xulio Gil, Paula Cabaleiro, Basilisa Fiestras, Yayo Quesada, Carmen Hermo, Amelia Palacios, Acisclo Manzano, Buciños, Nilo Arias, Pepe Cáccamo e dúas alumnas dá Escola de Artes e Oficios de Vigo, Alicia Romarc e Eva Romero.

 A mostra inaugurada ou 19 de xuño estará aberta ata o 18 de xullo.

A montaxe



As pezas de Antón Pulido e Tino Canicoba


Pezas de: Antón Patiño, Pepe Cáccamo e Paula Cabaleiro


Menchu Lamas


Rosa Neutro e Paula Mariño


Eva Romero e Alicia Romarc


Rolda de Prensa


Con Ramón Gómez e Antón Pulido

Inauguración





A mostra na Prensa






No hay comentarios:

Publicar un comentario