BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 22 de mayo de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte III)


 No ano 1990, Paula Rego foi elixida para a primeira praza de Artista Asociado que concedeu a National Gallery. Isto facilitoulle un coñecemento directo da mellor pintura europea, desde antes do Renacimiento ata finais do século XIX, que en moitos casos aparece na súa obra subseguinte.
 
A noiva. Pastel sobre papel. 1994
 

 O estilo de Rego é comparado en ocasións coas ilustracións de historietas ou tebeos. Como nas historietas, os animais represéntanse a miúdo en papeis e situacións humanas, sobre todo na década dos anos setenta e oitenta. Os seus últimos traballosmostran un estilo máis realista, pero en ocasións continúan as referencias animais, a serie Dog Woman desta década por exemplo, nunha serie de cadros ao pastel representa a mulleres con diferentes poses propias de cans.

 SERIE MULLER CAN. Pastel sobre papel. 1994






O seu traballo ofrece a miúdo unha cara sinistra, acentuando a dominación maliciosa e a subversión da orde natural. Ocúpase de realidades sociais polémicas, como por exemplo a serie Triptych (1998) sobre o tema do aborto, actualmente na colección Abbot Hall en Kendal.
“O esencial é atopar as historias verdadeiras, se atopamos unha historia que dalgún seito crúzase con algo que xa está na nosa cabeza, non é necesario que garde unha relación extremadamente forte coa nosa experiencia persoal. Porén, temperamentalmente ten que servirnos. Así é posíbel entrar nela, e aportarlle un contexto persoal, subxetivala”, comenta Rego. No caso da serie dos abortos, a artista, denunciou con estas obras a falta de sensibilidade social sobre o tema no seu país, pois meses anos estaba prohibido.
SERIE SOBRE O ABORTO (1997-99) Pastel sobre papel.








 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario