BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 16 de mayo de 2014

AUTORRETRATO EN ÓLEO: O PROCESO


No segundo trimestre de Perfeccionamento II, o alumnado traballa na técnica de óleo o autorretrato.
 
 O autorretrato é un dos exercicios de análise máis importante que pode facer un artista. Implica escrutarse o rostro e coñecerse ata tal punto que a expresión que teña nese momento tradúzase no debuxo ou a pintura que aborda. En épocas pictóricas como o barroco ou o renacimiento, unha dos costumes era que o artista se autorretratara dentro dun gran cadro, para reafirmar o seu autoría ou para dar a entender as súas intencións, como o fixeron Velázquez, Artemisia Gentilleschi ou Rembrandt.

  FOTOS DO PROCESO: bocetos sobre papel co óleo
 

 

  
 Un autorretrato non necesariamente implica un xénero realista, moit@s artistas realizan o traballo desde distintos estilos e movementos, o que da como resultado en ocasións unha obra no que a figuración pode deixar paso a manchas ou liñas para configurar o autorretrato, afastándose do realismo máis non da verosimilitude.


 O proceso de aprendizaxe do autorretrato na aula ten varios pasos: debuxo en papel do face e posterior estudo das cores a empregar; despois pasamos o debuxo a lápiz ou carboncillo ao lenzo, para posteriormente aplicar a cor. O proceso do óleo é de secado lento, polo que pódese rectificar e ir traballando pouco a pouco as zonas de luces e sombras ata rematar o traballo.

 
COMENZO DAS OBRAS SOBRE O LENZO: prepintado

 
 
FOTOS DALGUNHAS OBRAS XA REMATADAS





 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario