BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 14 de mayo de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte II)

 
Os músicos. Acrílico sobre papel montado sobre lenzo.1981
 

 
Vivian e os escorpións. Acrílico. 1982
 
 Allea ás modas pasaxeiras, Rego practicou sempre a pintura figurativa baixo formas moi diversas e é dos poucos artistas modernos cuxa obra vira en torno á vida mesma, como tamén o fixeron os predecesores que reivindica, Goya e Hogarth, revelando así o mellor e o peor da condición humana. O seu estilo relacionase con Francis Bacon e Lucian Freud pero cunha forte influencia de Beatrix Potter e os seus libros de contos de hadas.
A principios dos 80 realiza obras de gran formato e fluída execución, pintadas en acrílico sobre papel, como “O mono vermello pega á súa muller” (1981), na que animais que recordan aos contos infantís recrean dramas humanos que resultan, de xeito alternativo, increíblemente divertidos e profundamente angustiantes.
SERIE DAS ÓPERAS. Realizadas en acrílico sobre papel pegadas sobre lenzo.
 
A traviata.1983

 
Falstaff.1983

 
S/T.1983-84

 
Aida II.1983

 
Jenúfa. 1983
 
O importante cambio que se produciu na súa obra nesta década coa secuencia sen título de imaxes de “Nena e can”, é un precedente de obras posteriores como “As criadas”, 1987 (inspirada na obra de Genet), “A filla do policía” (1987) e “A familia” (1988), obras clave que contribuíron a establecer a súa reputación.
 
Serie NENA E CAN. 1982

 
SERIE NENA E CAN. Dúas nenas e un can. 1982
 
 
As criadas.1987 

 Pintura baseada nun caso da vida real (outros casos e persoaxes reais aparecen tamén noutras obras da artista) de las irmás Papin, Christine y Lea, quenes traballaban no servizo doméstico para una rica familia parisina e que nun día sen motivo aparente asasiñaron a nai e a fiila da familia, mentres o pai estaba no traballo. A ambigüidade e a psicose ameazante están presentes na imaxe, en certo punto claustrofóbica.

  A finais dos anos 1980 fixo unha serie de pinturas que exploran relacións familiares cercanas. Todas as relacións parecen un tanto disfuncionais, particularmente entre os pais e as fillas. Unha boa mostra son estas obras que aparecen a continuación.


 
A filla do policía. 1987. Óleo sobre lenzo

 
The fitting. 1980. Óleo sobre lenzo
 
 
A danza. 1989
 
 A súa técnica impecable no debuxo e no manexo da cor, moi rico e con grandes contrastes de luces e sombras, atrápanos e sorpréndenos, pero os temas que elixe e a formulación do que vemos non dan lugar á contemplación sen máis, senón que conmociona o máis íntimo da nosa sensibilidade non deixándonos indiferentes, cumprindo así una das máis importantes funcións da arte.

 
O cadete e a súa irmá. Pastel. 1988

 
 




 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 

 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario