BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 11 de febrero de 2013

CLARA PEETERS (Parte III)

  É curioso, pero a  pesar de ter obras en varios dos mellores museos do mundo, o que acredítaa como unha artista recoñecida na súa época, parece que non existen rexistros co nome de Clara Peeters nin nos gremios de pintores de Flandes nin de Holanda. O gremio de Anveres xa comezara a incluír mulleres desde 1602, polo que ben podería ser rexistrada, e de feito dúas dos seus paneis conteñen marcas de Anveres, será quizais por este motivo que Clara Peeters aparece citada por Wendy Wasserstein en The Heidi Chronicles, onde a escritora norteamericana afirma na súa primeira escena que a obra de Peeters foi infravalorada debido ao seu sexo.

 
Bodegón con aves e cunchas. 1611
 
O Museo Nacional do Prado conta con catro dos seus bodegóns, procedentes da colección real, tres deles asinados en 1611. Desde os primeiros bodegóns de pequeno formato realizados en 1607 e 1608, a súa composición foi volvéndose máis complexa, ata que no ano 1611 o seu estilo madurou completamente. Foi o ano en que pintou o grupo que se atopa no Museo do Prado, no que se aprecia unha gran mestría na imitación de texturas, o dominio das formas, o manexo do espazo e a iluminación. A partir do ano 1612, as súas obras  presentan un punto de vista aínda máis baixo, cunhas composicións que teñen menos obxectos, e a técnica amosa acabado máis fino.
 
 
Bodegón con pasas. 1611
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario