Bodegón con pastel. ca 1916. Museo do Prado.
Entre os
anos 1590 e 1650, xurden en Anveres e Utrecht, os principais centros de
pintura floral ao óleo, debido a influencia da publicación en Anveres de
libros sobre botánica na segunda metade
do século anterior, polo que nestes anos a pintura de flores e bodegóns eran
denominadas como “pequeno banquete” ou ”peza floral”, antes do termo “bodegón”
que non aparece nos Países Baixos ata o ano 1650. Clara, pertence a este
primeiro grupo de artistas, entre os que figuraban Hans van Essen e Jan van der
Beeck (de alcume Torrentius), pois dentre as 50 obras identificadas da artista,
cinco representan “ramalletes”, as restantes son pinturas descriptivas de vaixelas
con vasos, sobremesas e as veces flores.
Bodegón con queixo, pan e pretzels. 1612
A calidade das obras realizadas entre os anos que van desde 1907 ata
1921, e o tamaño dalgunhas e a produción que se conserva da artista, a presenta
con toda seguridade como unha pintora profesional,
atopándose a par dos seus contemporáneos Jacob van Hulsdonck e o antes citado Osias Beert.
A destreza que mostran as súas primeiras obras fai supor que foi adestrada por
algún pintor, pero non hai fontes que avalen esta teoría. É importante sinalar
a meticulosidade no detalle, xa que Clara incluíu pequenos autorretratos en
miniatura nos reflexos das copas dalgúns dos seus bodegóns, e tamén pode
apreciarse a súa habilidade para pintar
texturas. Clara Peeters dispón os obxectos sobre unha mesa: ramos de flores
exóticas, luxosas pezas de prataría, variedade de alimentos como noces,
queixos, pans, aves, mariscos, peces, todo sobre un fondo escuro. Nalgúns dos
seus obxectos de metal vese reflectido o seu autorretrato en miniatura, o que
pode ser tomado como unha firma adicional.

Bodegón con uvas, paxaros e mono.Óleo sobre táboa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario