Obra: Planta do Partenón, un templo dórico grego construído por orde de Pericles para reconstruír na Acrópole de Atenas o templo dedicado a Atenea, patroa protectora do Ática, que fora destruído polos persas nos anos 480 e 479 a. C.
Cronoloxía: 447-432 aa.C.
Arquitecto: Ictino, por consello de Fidias, que levaba a dirección de todas as obras que se realizaban na Acrópole, quen comezou a planificación do templo no ano 448 ó 447 a. C. posteriormente foi axudado por Kalícrates.
Estilo: O Partenón é o máis perfecto templo grego. No seu estilo dórico fundíronse outros elementos jónicos especialmente visibles no interior, nas columnas e friso da cella (e). É octástilo, anfipróstilo e períptero.
O seu peristilo ( b) ten a clásica proporción de 8 columnas por fronte e 17 nos laterais. Respecto a outros templos gregos anteriores presenta algunhas novidades, tales como a gran sala interior dividida en tres naves separadas por unha fila de columnas superpostas en dous pisos, formando unha galería circundante en cuxo centro se colocaba a gran imaxe de ouro e marfil ( criselefantina) da deusa Atenea realizada por Fidias ( f). No recinto occidental da cella estaba o Partenón, que deu nome a todo o edificio, era unha alta sala cadrada onde estaban as doncelas virxes da deusa, cuxa cuberta se sustentaba con catro esveltas columnas jónicas ( g).
Material: mármore pentélico e madeira. Non hai nel un bloque de mármore igual a outro; cada un foi labrado individualmente e cun destino preciso, sen que por iso o conxunto resíntase na súa unidade. Cada elemento foi concibido individualmente en razón das correccións ópticas que eliminan as aberracións que produce a perspectiva. De aí o emprego do ÉNTASIS, no que o perímetro das columnas se afina na parte superior mientras que o fuste se abomba a uns 2/5 partes da súa altura, para que o perfil das columnas pareza recto ao lonxe. Tamén as columnas dos extremos están máis separadas, tendo un diámetro maior que as demais e inclinadas ata dentro para, resister mellor e compesar a sensación visual de que se comban para fóra; o ENTABLAMENTO e o ESTILÓBATO se curvan cara arriba co fin de que sexan percibidos como rectas perfectas.
A decoración escultórica, que se realizou entre os anos 447 e 432 a. C., é a plasmación dunha linguaxe formal homoxénea chamado posteriormente estilo Partenón e no que se recolle a estética clásica, sen dúbida atribuíble a Fidias, amigo persoal de Pericles, e aos seus colaboradores. Boa parte destas obras foron realizadas por Fidias, sen que se saiba con exactitude cales.
O PARTENÓN formaba parte do ambicioso proxecto de PERICLES para reconstruir a Acrópolis, máis non se trataba dun templo de culto, pois non tiña altar, senón dunha monumental ofrenda a Atenea, e como demostración da grandeza da cidade de Atenas.
Como resultado final de ser erixido sobre os restos a medio construir anteriores, quedou moi condicionado o deseño, porén, expresa perfectamente as principais características da arte grego, como fusión de dúas correntes culturais antagónicas, a jonica (elegante que achega o sentido dinámico e erótico), a dórica (sobria que achega o sentido estático e ordenado).

VISTA DO PARTENÓN

VISTA DO PARTENÓN

PLANTA DO ERECTEION
A planta irregular está condicionada polo terreo, tamén irregular. A parte principal precedida por un pronaos hexástilo inclúe o recinto de culto de Atenea Polias, incomunicado doutros tres colocados ás súas costas e dedicados a Poseidón- Erecteo. Polo lado outro lado, a un nivel inferior, engádese un pórtico tetrástilo, polo oeste hai fachada plana con columnata incrustada no muro e polo sur o famoso pórtico das Cariátides (figuras femininas como columnas). Trátase dun edificio construído sen axialidad nin simetría.
Este edificio foi deseñado para ser admirado externamente.
Está realizado a imaxe do home, a escala humana. É unha obra innovadora que racha co concepto de unidade ao renunciar á simetría, está considerado o máximo exponente do estilo xónico ateniense.
AS CARIÁTIDES
Desde a pronaos
do templo accédese á Tribuna das Cariátides, tribuna que está sostida por
seis figuras humanas (cariátides) en vez de por columnas. Reciben este nome en
memoria das muleres de Caria (Asia Menor) tomadas como escravas polos gregos
por ter axudado aos persas durante as guerras médicas e custodian o lugar onde
atópase a tumba de Crécope. O templo está configurado por distintos espazos
armonizadas entre sí co emprego do orden xónico, cun sistema de cuberta
adintelado de madeira e tellado a dúas augas que conformaba frontóns
triangulares con esculturas.
Na súa orixe se policromaron as distintas partes do Erecteion para resaltar o seu papel activo, inerte ou ornamental. O edificio non é unha obra illada senón relacionada con outros edificios da Acrópole, adaptados ao terreo, vinculado coa natureza e harmonizado coa paisaxe e situado para ser admirado desde distintos puntos de vista, dándolle un sentido tridimensional. O Erecteion forma parte da reconstrución da Acrópole Ateniense por Pericles
A súa influencia: Máximo exponente
da arquitectura de orde xónica, porén a súa morfoloxía tan particular a converte
nun edificio singular na arquitectura grega. Foi un referente tanto para a
escultura romana como para a renacentista e neoclásica tomando como modelo as
Cariátides.
PLANTA DE NIKÉ ÁPTERA
Edificio:Atenea Áptera ou Atenea Niké
Autor: Calícrates (século V a.C.)
Cronoloxía:421 a. C.
Tipoloxía: Templo
Material: mármore do Pentélico
Estilo:grego clásico
Localización: Acrópole de Atenas
rátase dun
edificio construído con sistema adintelado ou arquitrabado, con mármore do
Pentélico. Trátase dun templo, xónico, anfipróstilo e tetrástilo. Debido ás
irregularidades do terreo e o pouco espazo dispoñible, para a súa construción
foi necesario construír unha base en pedra caliza.
TEATRO DE EPIDAURO
Arquitecto: Policleto el joven
Cronoloxía: 350 a.C.
Localización: Epidauro, Grecia
Estilo: Grego helenístico
Material: pedra
Dimensións: 120 m (diámetro)
O teatro Epidauro divídese en 3 partes:
- A escena ou orquestra: circular, rodeada pola bancada, no centro atópase a estatua de Dionisos, xa que a festa celébrase na súa honra. É a parte dedicada ao coro, que no teatro grego tiña un papel fundamental de aí a importancia que se outorga a esta parte.
- O porscaenio: para os actores que representaban as traxedias e posteriormente as comedias. Sobre a parte anterior do proscenio apoiábanse 18 columnas jónicas e as superficies interpostas estaban pintadas. O proscenio tiña dous protuberancias a ambos os dous lados que servían de sostén para as escenografías laterais.
- A bancada: de planta ultrasemicircular, que rodea á orquestra, que culmina o conxunto do teatro, pódese observar hoxe en día que na primeira fila das bancadas hai un respaldo e uns apoia-brazos, que eran por aquel entón para as personalidades ou personaxes máis soados.
Para construílo, utilizouse un desnivel natural do terreo.
En Epidauro había dous tipos de asento, os do pobo -con reborde en ángulo nos límites de cada sector- que eran a maioría, e os das personalidades políticas e altos dignatarios da cidade.
A forma típica de abanico dos teatros gregos, implica que tanto a visibilidade como as condicións acústicas nas zonas situadas a ambos os extremos da plataforma circular eran menos favorables que nas zonas restantes. Esas localidades reservábanse para os estranxeiros, para os espectadores que chegaban tarde á representación e para as mulleres.
A configuración do hemiciclo responde a unha serie de cálculos matemáticos que buscaban a harmonía. Aínda que o resultado é aparentemente simétrico, para lograr esta perfección visual foron necesarias sutís variacións xeométricas e numéricas. Así, pódense detectar pequenas diferenzas na anchura dos sectores, ou na curvatura das bancadas do semicírculo, que se abren imperceptiblemente nos bordos da cávea.
Un estudo de enxeñería desvelou o misterio acústico do Teatro de Epidauro; as bancadas xogan un papel esencial. Os asentos, que constitúen unha superficie acanalada, serven como filtro acústico transmitindo o son que vén do escenario a altas frecuencias e facendo de difusor a baixas frecuencias.
O teatro era un elemento esencial nunha cidade helenística.Epidauro fíxose famoso grazas ao santuario de Asclepio -deus da medicina, moi venerado- e construíu un dosmaiores teatros de Grecia, cun aforo próximo aos 15.000 espectador@s.
Ten una concepción oposta á actual, pois en Grecia usábanse os espazos abertos que mantiveran una estreita relación co seu entorno natural.
Estáa considerado como o máis perfecto dos teatros gregos pola armonía das súas dimensións, e taménn ilustra a evolución do arquetipo clásico ao helenismo, que incrementa as dimensións da CÁVEA e constrúe una escena maior e luxosa. Aínda así, non souberon resolver o tema do recinto: a unión entre a cávea e o escenario (rectangular) carece de articulación, teremos que agardar ata a edificación do teatro romano para acadar a total integración.

ALTAR DE ZEUS EN PÉRGAMO
Este friso formaba parte do altar de Zeus construído na acrópole da cidade de Pérgamo. Descuberto no século XIX foi trasladada peza a peza ao actual Museo de Pérgamo de Berlin.
O seu autor é descoñecido e está realizado en mármore.
Cronoloxía: Construíuse entre o ano 170 e 140 a.C.
Comitente: foi o rei Eumenes II que co quería conmemorar a vitoria sobre os gálatas, pero tamén enaltecer a monarquía e a súa persoa ao vinculala cos deuses.É novo na arte helenístico o carácter propagandístico. No altar realizábanse sacrificios en honra a Zeus e os deuses. O estilo é un dos mellores exemplos da arte helenístico.
O friso exterior está realizado sobre o zócalo sobre o que se levanta edificio en forma de U. Mide 113 m . de longo por 2.20 metros de alto, sendo altorelevos realizados co procedemento da talla.
O tema que se narra é de tipo mitolóxico, a Gigantomaquía combate entre Xigantes, fillos de Gea ( a Terra ) e Cronos ( o Ceo) e os Deuses do Olimpo polo dominio do mundo. Unha alegoria na loita entre a orde establecida e o caos e a maldade e por extensión entre os inimigos de Eumenes e o seu reino.
Neste panel que se atopa no lado este de o friso represéntase como a deusa Atenea agarra do pelo e levanta de chan a Alcioneo que presenta unha expresión de pánico coa súa mirada desorbitada, fronte engurrada e ventre contraido ao ser atrapado e estar a piques de ser mordido pola serpe enroscada no seu corpo. A súa nai Gea levanta o rostro suplicante. O panel presenta desde o punto de vista técnico a herdanza da técnica grega como a preocupación pola anatomía, o coidado dos pliegues cun profundo tallado que crea efectos de clarooscuro do mesmo xeito que o trépano empregado en barbas e pelos, cabezas de león crea o mesmo efecto ou a técnica dos panos mollados que se observa moi ben no xeonllo de Atenea.
Aínda así temos varias diferenzas que o sitúan dentro do HELENISMO:
- O naturalismo e o gusto polos detalles. Os personaxes están individualizados , todos son diferentes , diversidade de vestimentas, anatomias, calzados, incluso as escamas das serpes son diferentes unas doutras
- O dinamismo e movemento. Existen diversidade de posturas: diagonais , lineas en aspas, curvas, líineas serpentinatas, todo é puro dinamismo.
- Outra novidade é a expresividade, sobre todo nos xigantes. Os seus rostros abandonan a serenidade para mostrar pánico, terror e dramatismo, con miradas desorbitadas, corpos retortos e violencia, deixando de lado a serenidade clásica e aportando un xeito distinto de afrontar á realidade.
A cultura helenística une o grego co oriental ou as tradicións locais. Os individuos convértense en súbditos, por iso a nova clientela son os particulares poderosos e os monarcas que utilizan a arte como propaganda: de novo o colosalismo en palacios e mausoleos ; e representación de imaxes que cheguen aos sentidos: que rapidamente conmoven.
A escultura helenística é síntese do grego ( perfección anatómica e dominio da técnica ) co oriental como a tendencia para impresionar, conmover mediante o patetismo e a expresividade que son antecedentes do barroquismo . A división favorece a existencia de varias escolas como a de Atenas, Roda, Alejandria, Pérgamo. A iconografía é moi variada representando diferentes aspectos humanos: o infantil, a vellez ; o cruel e desagradable, o agradable; erotismo. Ademais adquire maior importancia o retratos e temas vinculados á propaganda de monarcas e o GRUPO ESCULTÓRICO.

Precedente da COLUMNA TRAXANA, que prantexaba o emprego da paisaxe no fondo (que ata entón era plano) e dáballe aos personaxes una desenvoltura axena a toda grandiosidade épica.
A planta que presenta o templo é rectangular,
de 8 x 4 metros, o templo edifícase sobre unha plataforma escalonada, tamén
coñecida como estereóbato ou crepidoma. Sobre a parte superior (estilóbato)
levántanse as fachadas nos seus lados curtos, con 4 columnas jónicas e no seu
interior presenta unha nave, prescindindo debido ao seu reducido tamaño do
opistodomos e pronaos. Ao lle suprimir o pronaos (Pórtico) planeado e déuselle ao
templo o carácter de “IN ANTIS”, é dicir, un frente porticado por dúas columnas
jónicas. A fachada ou alzado ten 4 columnas, que posúen basa, composta por dous
touros e unha escocia. As columnas monolíticas (talladas nun só bloque de
mármore) son acanaladas con arista morta e terminan cun capital composto por
volutas e un ábaco sobre o que descansa o entablamento, cun módulo de 18,
(altura igual a 18 veces o diámetro), que danlle un aspecto grácil e esvelto. O
entablamento componse dun arquitrabe dividido en tres bandas e un friso corrido
con decoración escultórica. Sobre o friso disponse unha cornisa sobre a que
descansa un frontón triangular, tamén con decoración escultórica no seu
tímpano.


A decoración sitúase nos capiteis, realizados
con volutas, onde podemos ver, como as columnas das esquinas ten a voluta nunha
disposición oblicua para que poida verse desde o ángulo frontal e lateral.
Ademais ten decoración escultórica no friso, onde se representan escenas da
batalla de Salamina (448 a. C.) onde os atenienses, con axuda dos deuses Zeus, Atenea
e Poseidón, logran derrotar aos persas. Non sabemos moi ben como serían as
esculturas do frontón. Polos restos atopados podemos afirmar que se deben á
escola de Fidias, cunha profusión do uso da técnica de panos mollados,
realizados con gran destreza técnica e de enorme plasticidade.
Ao tratarse dun
templo a súa principal función sería relixiosa, tería un significado de morada
para a Deusa Atenea Niké ou alada que representa a vitoria nas batallas.
Coñécese como Vitoria Áptera (sen ás) porque os atenienses decidiron cortarlle
as ás para que non abandonase nunca a cidade de Atenas. Sabemos que os templos
gregos, non foron concibidos para albergar fieis nin para oficiar ritos ou
cerimonias, por iso é polo que non fosen importantes a súa dimensións. Ademais
da súa función relixiosa, cabo falar da súa función conmemorativa, a da Batalla
de Salamina.
Como templo votivo encargado de gardar a imaxe da divinidade e das ofrendas de pequeñas dimensións, nos remite ao Tesouro dos Atenienses en Delfos, e tivo moita relevancia como exemplo de arquitectura durante o período Neoclásico.
TEATRO DE EPIDAURO
Arquitecto: Policleto el joven
Cronoloxía: 350 a.C.
Localización: Epidauro, Grecia
Estilo: Grego helenístico
Material: pedra
Dimensións: 120 m (diámetro)
O teatro Epidauro divídese en 3 partes:
- A escena ou orquestra: circular, rodeada pola bancada, no centro atópase a estatua de Dionisos, xa que a festa celébrase na súa honra. É a parte dedicada ao coro, que no teatro grego tiña un papel fundamental de aí a importancia que se outorga a esta parte.
- O porscaenio: para os actores que representaban as traxedias e posteriormente as comedias. Sobre a parte anterior do proscenio apoiábanse 18 columnas jónicas e as superficies interpostas estaban pintadas. O proscenio tiña dous protuberancias a ambos os dous lados que servían de sostén para as escenografías laterais.
- A bancada: de planta ultrasemicircular, que rodea á orquestra, que culmina o conxunto do teatro, pódese observar hoxe en día que na primeira fila das bancadas hai un respaldo e uns apoia-brazos, que eran por aquel entón para as personalidades ou personaxes máis soados.
Para construílo, utilizouse un desnivel natural do terreo.
En Epidauro había dous tipos de asento, os do pobo -con reborde en ángulo nos límites de cada sector- que eran a maioría, e os das personalidades políticas e altos dignatarios da cidade.
A forma típica de abanico dos teatros gregos, implica que tanto a visibilidade como as condicións acústicas nas zonas situadas a ambos os extremos da plataforma circular eran menos favorables que nas zonas restantes. Esas localidades reservábanse para os estranxeiros, para os espectadores que chegaban tarde á representación e para as mulleres.
A configuración do hemiciclo responde a unha serie de cálculos matemáticos que buscaban a harmonía. Aínda que o resultado é aparentemente simétrico, para lograr esta perfección visual foron necesarias sutís variacións xeométricas e numéricas. Así, pódense detectar pequenas diferenzas na anchura dos sectores, ou na curvatura das bancadas do semicírculo, que se abren imperceptiblemente nos bordos da cávea.
Un estudo de enxeñería desvelou o misterio acústico do Teatro de Epidauro; as bancadas xogan un papel esencial. Os asentos, que constitúen unha superficie acanalada, serven como filtro acústico transmitindo o son que vén do escenario a altas frecuencias e facendo de difusor a baixas frecuencias.
O teatro era un elemento esencial nunha cidade helenística.Epidauro fíxose famoso grazas ao santuario de Asclepio -deus da medicina, moi venerado- e construíu un dosmaiores teatros de Grecia, cun aforo próximo aos 15.000 espectador@s.
Ten una concepción oposta á actual, pois en Grecia usábanse os espazos abertos que mantiveran una estreita relación co seu entorno natural.
Estáa considerado como o máis perfecto dos teatros gregos pola armonía das súas dimensións, e taménn ilustra a evolución do arquetipo clásico ao helenismo, que incrementa as dimensións da CÁVEA e constrúe una escena maior e luxosa. Aínda así, non souberon resolver o tema do recinto: a unión entre a cávea e o escenario (rectangular) carece de articulación, teremos que agardar ata a edificación do teatro romano para acadar a total integración.

ALTAR DE ZEUS EN PÉRGAMO
Este friso formaba parte do altar de Zeus construído na acrópole da cidade de Pérgamo. Descuberto no século XIX foi trasladada peza a peza ao actual Museo de Pérgamo de Berlin.
O seu autor é descoñecido e está realizado en mármore.
Cronoloxía: Construíuse entre o ano 170 e 140 a.C.
Comitente: foi o rei Eumenes II que co quería conmemorar a vitoria sobre os gálatas, pero tamén enaltecer a monarquía e a súa persoa ao vinculala cos deuses.É novo na arte helenístico o carácter propagandístico. No altar realizábanse sacrificios en honra a Zeus e os deuses. O estilo é un dos mellores exemplos da arte helenístico.
O friso exterior está realizado sobre o zócalo sobre o que se levanta edificio en forma de U. Mide 113 m . de longo por 2.20 metros de alto, sendo altorelevos realizados co procedemento da talla.
O tema que se narra é de tipo mitolóxico, a Gigantomaquía combate entre Xigantes, fillos de Gea ( a Terra ) e Cronos ( o Ceo) e os Deuses do Olimpo polo dominio do mundo. Unha alegoria na loita entre a orde establecida e o caos e a maldade e por extensión entre os inimigos de Eumenes e o seu reino.
Neste panel que se atopa no lado este de o friso represéntase como a deusa Atenea agarra do pelo e levanta de chan a Alcioneo que presenta unha expresión de pánico coa súa mirada desorbitada, fronte engurrada e ventre contraido ao ser atrapado e estar a piques de ser mordido pola serpe enroscada no seu corpo. A súa nai Gea levanta o rostro suplicante. O panel presenta desde o punto de vista técnico a herdanza da técnica grega como a preocupación pola anatomía, o coidado dos pliegues cun profundo tallado que crea efectos de clarooscuro do mesmo xeito que o trépano empregado en barbas e pelos, cabezas de león crea o mesmo efecto ou a técnica dos panos mollados que se observa moi ben no xeonllo de Atenea.
Aínda así temos varias diferenzas que o sitúan dentro do HELENISMO:
- O naturalismo e o gusto polos detalles. Os personaxes están individualizados , todos son diferentes , diversidade de vestimentas, anatomias, calzados, incluso as escamas das serpes son diferentes unas doutras
- O dinamismo e movemento. Existen diversidade de posturas: diagonais , lineas en aspas, curvas, líineas serpentinatas, todo é puro dinamismo.
- Outra novidade é a expresividade, sobre todo nos xigantes. Os seus rostros abandonan a serenidade para mostrar pánico, terror e dramatismo, con miradas desorbitadas, corpos retortos e violencia, deixando de lado a serenidade clásica e aportando un xeito distinto de afrontar á realidade.
A cultura helenística une o grego co oriental ou as tradicións locais. Os individuos convértense en súbditos, por iso a nova clientela son os particulares poderosos e os monarcas que utilizan a arte como propaganda: de novo o colosalismo en palacios e mausoleos ; e representación de imaxes que cheguen aos sentidos: que rapidamente conmoven.
A escultura helenística é síntese do grego ( perfección anatómica e dominio da técnica ) co oriental como a tendencia para impresionar, conmover mediante o patetismo e a expresividade que son antecedentes do barroquismo . A división favorece a existencia de varias escolas como a de Atenas, Roda, Alejandria, Pérgamo. A iconografía é moi variada representando diferentes aspectos humanos: o infantil, a vellez ; o cruel e desagradable, o agradable; erotismo. Ademais adquire maior importancia o retratos e temas vinculados á propaganda de monarcas e o GRUPO ESCULTÓRICO.

Precedente da COLUMNA TRAXANA, que prantexaba o emprego da paisaxe no fondo (que ata entón era plano) e dáballe aos personaxes una desenvoltura axena a toda grandiosidade épica.
Referencias na rede:
La arquitectura del partenon es unica! Gracias por compartir.
ResponderEliminar